AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

NO SALÓN TEATRO O LUNS 27 DE MARZO

O CDG celebrará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago

[21/03/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o vindeiro luns 27 de marzo, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Esta acción divulgativa busca achegarlle ao público tanto a historia deste edificio da zona monumental de Compostela, como as engrenaxes que se poñen en marcha tras o pano cara á escenificación dun espectáculo.
SERÁ IMPARTIDA O 14 DE MARZO NO SALÓN TEATRO

O CDG e a ESAD programan unha conferencia sobre os usos actuais da tremoia propia do teatro barroco

[07/03/2017] O profesor belga Jerôme Maeckelbergh impartirá o vindeiro 14 de marzo no salón Teatro de Santiago de Compostela a conferencia titulada ‘A tremoia escenográfica no teatro barroco’, unha iniciativa formativa promovida pola Escola de Arte Dramática (ESAD) de Galicia en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG).
ESTRÉASE O 20 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CDG inicia os ensaios de 'Martes de Carnaval' baixo a dirección artística de Marta Pazos

[01/03/2017] O equipo artístico e técnico do espectáculo ‘Martes de Carnaval’ iniciou hoxe en Santiago os ensaios da que será a nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que suporá ademais a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.
Do XOVES 2 AO DOMINGO 5 DE MARZO

A viaxe ao universo feminimo de Aporía Escénica con '30 e tantos ósos' recala no Salón Teatro

Documento anexo[28/02/2017] Aporía Escénica preséntase a partir deste xoves día 2 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego (CDG), con ’30 e tantos ósos’, montaxe galardoada o ano pasado co premio María Casares de Teatro ao mellor texto orixinal. Trátase, ademais, do espectáculo de debut desta compañía emerxente, que busca explorar o universo feminino e atopar unha linguaxe escénica propia e híbrida a partir da potencia plástica dos corpos e os obxectos, do xogo e o humor e da palabra e a poesía.
'HELENA: XUÍZO A UNHA LURPIA' PODERÁ VERSE DO XOVES AO DOMINGO, NO SALÓN TEATRO

Teatro do Atlántico leva a a escena na sede do CDG a súa revisión do mito de Helena de Troia

Documento anexo[20/02/2017] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), será o escenario esta semana da representación en Santiago de ‘Helena: Xuízo a unha lurpia’, espectáculo de Teatro do Atlántico que achega unha revisión contemporánea do mito clásico de Helena de Troia. María Barcala defende este papel na versión galega da obra do recoñecido dramaturgo Miguel del Arco, que dirixiu Xúlio Lago a partir da tradución asinada por Inma López Silva.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 | 54 | 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal