AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DO XOVES 12 AO DOMINGO 15

O CDG presenta no Salón Teatro a súa coprodución 'O conto de inverno' con Teatro Oficina de Portugal

[11/01/2017] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) para a temporada 2016-2017 achega esta semana a Santiago unha versión contemporánea de ‘O conto de inverno’, de William Shakespeare, que sitúa a acción entre os reinos de Galicia e Portugal. A compañía de Guimarães Teatro Oficina encabeza esta produción na que, ademais do CDG, tamén participan a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Teatro Aveirense.
O SÁBADO E O DOMINGO XUNTO CO TALLER DO SON

Elefante Elegante pecha esta fin de semana o ciclo 'Gran teatro para os máis pequenos' co espectáculo 'Danza da choiva'

Documento anexo[05/01/2017] O ciclo ‘Gran teatro para os máis pequenos’ do Salón Teatro de Santiago rematará esta fin de semana cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de ‘Danza da choiva’, de Elegante Elegante, cun taller de son para público infantil. Concluirá así a programación especial deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante estas festas.
ÁS 20.30 HORAS NO TEATRO JOFRE

'Tartufo' pecha mañá en Ferrol a súa xira tras máis de 30 funcións en 10 escenarios

Documento anexo[29/12/2016] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa produción ‘Tartufo’ chegará mañá á súa fin coa función que terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Concluirá así o percorrido deste espectáculo, asinado para a compañía da Xunta de Galicia polo galardoado director valenciano Carles Alfaro, tras ter ofrecido un total de 31 representacións en 10 localidades.
DESPÍDESE A CARTELEIRA DE 2016

Continúa no Salón Teatro o ciclo infantil de Nadal con Pérez & Fernández e 'O poder de Amabel'

Documento anexo[28/12/2016] O dúo Pérez & Fernández representa mañá xoves 29 e o venres 30 no Salón Teatro de Santiago ‘O poder de Amabel’, un espectáculo especialmente dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, co que o escenario do Centro Dramático Galego (CDG) despedirá 2017 continuando co seu ciclo de Nadal ‘Gran teatro para os máis pequenos’.


TRÁTASE DUN PERCORRIDO MUSICAL POLA MELLOR POESÍA GALEGA

O grupo Gelria preséntase en Galicia co concerto 'Cantos de poeta' o día 27 no Salón Teatro

Documento anexo[24/12/2016] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de decembro, ás 20.30 horas, o concerto de presentación en Galicia de Gelria, o trío galego-catalán que leva o nome do navío holandés no que navegou Manuel Antonio. Será co recital ‘Cantos de poeta’, un disco que musica catorce poemas galegos de todos os tempos: de Rosalía a Chus Pato, pasando por Curros Enríquez, Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 | 56 | 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal