Novas
O VENRES 23 E O SÁBADO 24 ÁS 20.30 HORAS
[22/10/2015] Triatreros estrea no Salón Teatro o seu novo espectáculo, ‘Listo para sentenza’, que poderá verse neste escenario compostelán mañá venres 23 e o sábado 24, ás 20.30 horas. Esta proposta teatral preséntase como unha comedia sarcástica arredor da corrupción, coa que a compañía viguesa mantén a súa aposta pola combinación do humor e a crítica social.
AS FUNCIÓNS SERÁN MÉRCORES E XOVES ÁS 20:30 HORAS
[20/10/2015] A compañía galega de danza BalletNorte presenta o espectáculo 'Atlántica' mañá mércores 21 e o xoves 22, os dous días ás 20:30 horas, no Salón Teatro de Santiago. A montaxe, realizada en coprodución co Centro Coreográfico e con dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, rende unha homenaxe aos autores do Rexurdimento por medio da danza.
PABLO DÍAZ E BANDA TIC TAC TOC OFRECEN UN CONCERTO PARA PÚBLICO FAMILIAR MAÑÁ SÁBADO, ÁS 12.00 HORAS
[16/10/2015] A carteleira despregada no Salón Teatro para este último trimestre do ano recolle 28 novas representacións escénicas e musicais, que darán comezo mañá sábado, ás 12.00 horas, co concerto para público infantil de Pablo Díaz e Banda Tic Tac Toc dentro do I Festival Premios Martín Códax da Música. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será tamén unha das sedes doutras destacadas citas culturais da capital de Galicia, como as Xornadas de Música Contemporánea, o mercado Galicia Escena PRO, Cineuropa e o Festival de Teatro Amador Agustín Magán.
O SÁBADO 3 E O DOMINGO 4, ÁS 18.00 HORAS
[30/09/2015] Talía Teatro presentou hoxe en Santiago a súa nova proposta para público infantil, ‘Rosa caramelo e outras historias’, que estrea esta fin de semana no Salón Teatro. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá o sábado 3 e o domingo 4 de outubro, ás 18.00 horas, as dúas primeiras funcións deste espectáculo, construído a partir de catro coñecidos relatos da autora italiana Adela Turín que lles dan a volta aos roles e estereotipos de xénero.
ESCENIFICARANSE 'MICRO IMPACTOS' E 'SEXUS 3'
[11/09/2015] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 12 de setembro as vangardistas propostas escénicas das agrupacións Voltage Opposites e Quimera Rosa, incluídos dentro da programación do Festival WOSINC que se está a desenvolver en dez espazos da cidade.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
| 58 |
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes