AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

MAÑÁ E O MÉRCORES, ÁS 21.00 HORAS

O Salón Teatro pecha a temporada 2015-2016 con 'Cabatet Salomé' e 'Cinzas' tras 126 días de actividade pública

[20/06/2016] O Salón Teatro pecha esta semana o seu programa de exhibición 2015-2016 despois de ter ofrecido un total de 126 días de actividade pública. Dúas compañías da Universidade de Santiago de Compostela serán as encargadas de rematar a temporada no escenario compostelán do Centro Dramático Galego (CDG): GN Teatro, que representará mañá o espectáculo ‘Cabaret Salomé’, e a Aula de Teatro da USC, que regresará o mércores 22 á sede do Centro Dramático Galego con ‘Cinzas’ (na imaxe).
LUCAS HERRADOR É AUTOR E DIRECTOR DO ESPECTÁCULO

O grupo Down Compostela volve esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago para estrear 'Búscame a ese tipo'

Documento anexo[16/06/2016] O Grupo de Teatro Down Compostela estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a montaxe ‘Búscame a ese tipo’, escrita e dirixida por Lucas Herrador. A compañía, integrada por 20 actores e actrices con síndrome de Down e discapacidade intelectual, volve así ao escenario que tamén acolleu os seus anteriores espectáculos, con dúas funcións que terán lugar mañá venres e o sábado 18 ás 20.00 horas.
HABERÁ DOUS PASES DIARIOS DO LUNS AO XOVES

O Salón Teatro proxectará dez películas no marco da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego

Documento anexo[10/06/2016] O Salón Teatro de Santiago acollerá a próxima semana a proxección de dez películas que forman parte da programación da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) organizada polo Museo do Pobo Galego. O espazo da Consellería de Cultura e Educación súmase por vez primeira a este evento como unha das súas sedes, para o que ofrecerá dous pases diarios entre o luns 13 e o xoves 16 de xuño.


TITO ASOREY DIRIXE UN ELENCO DE ARTISTAS NOVOS PARA POÑER EN ESCENA O TEXTO DE FERNANDO EPELDE

'O mundo persistente' viaxa a Portugal para se exhibir no Teatro Carlos Alberto do Porto e no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa

Documento anexo[07/06/2016] ‘O mundo persistente’, o novo espectáculo do Proxecto NÓS Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia cuxa produción foi coordinada polo Centro Dramático Galego (CDG), represéntase mañá no Teatro Carlos Alberto (TeCA) do Porto como primeiro destino da súa serie de funcións nos teatros públicos lusos que forman parte desta iniciativa.


REPRESENTARASE NO SALÓN TEATRO DO 1 AO 5 DE XUÑO

O Proxecto Nós estrea na sede do CDG o espectáculo 'O mundo persistente', escrito por Fernando Epelde e dirixido por Tito Asorey

Documento anexo[27/05/2016] A sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario o vindeiro mércores 1 de xuño da estrea de ‘O mundo persistente’, o novo espectáculo do Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia. A compañía teatral da Consellería de Cultura e Educación coordinou a produción desta montaxe como integrante deste programa de encontro teatral co país veciño, no que tamén participan a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, as escolas superiores de Teatro e Cinema (ESTC) de Lisboa e de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE) do Porto, e os teatros nacionais portugueses D. Maria II e São João.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 | 61 | 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal