AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

MARTA PAZOS DIRIXE A ANABELL GAGO, LORENA CONDE E CHELO DO REJO NESTE ESPECTÁCULO, QUE SE REPRESENTA O DOMINGO 19 DE MAIO, ÁS 18.00, E O LUNS 20 E O MARTES 21, ÁS 20.30

O Salón Teatro ofrece tres funcións de "C'est la vie", primeira produción da compañía galega Matrioshka

Documento anexo[15/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece no Salón Teatro a presentación en Santiago de Cesít la vie, espectáculo de debut da nova compañía teatral galega Matrioshka, que acaban de poñer en marcha as actrices Anabell Gago e Lorena Conde. A súa primeira proposta é unha creación colectiva, que elas mesmas interpretan xunto a Chelo do Rejo e para a que contaron, ademais, con Marta Pazos na dirección de escena e na dramaturxia.
O CDG HOMENAXEA O AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O 17 DE MAIO RECUPERANDO PARA AS TÁBOAS UN DOS TEXTOS QUE MELLOR RESUME O SEU UNIVERSO TEATRAL

O Centro Dramático Galego leva á Coruña no Día das Letras a súa produción "Días sen gloria", a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño

Documento anexo[13/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta este venres, Día das Letras Galegas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña a produción do Centro Dramático Galego (CDG) Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño. A galega Fefa Noia dirixe esta adaptación dunha das obras que mellor resume o universo bolañano e que regresa aos escenarios como proposta escénica central da programación coa que a Consellería rende homenaxe ao dramaturgo compostelán, ao que se lle dedica o 17 de maio.
A ACTUACIÓN, DE ENTRADA GRATUÍTA, DARÁ COMEZO ÁS 20.30 HORAS E NELA SOARÁN OS TEMAS DO SEU ÚLTIMO TRABALLO, ĎAXUDÁDEME A CANTARí

O Salón Teatro acolle mañá o concerto de presentación do novo disco do grupo de música tradicional Os Melidaos

Documento anexo[10/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve durante este mes no Salón Teatro unha variada carteleira de música, teatro e cinema de produción galega, no marco da que mañá sábado, ás 20.30 horas, actuará o grupo de música tradicional Os Melidaos. No concerto, de entrada libre ata completar a capacidade, soarán os temas do seu novo traballo discográfico, Axudádeme a cantar, no que por vez primeira incorporan as voces dos propios músicos.
MANUEL MANQUIÑA PROTAGONIZA UNHA DAS OBRAS QUE MELLOR RESUME O UNIVERSO TEATRAL DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Cultura e Educación presenta esta fin de semana en Tui e na Estrada o espectáculo do Centro Dramático Galego "Días sen gloria"

Documento anexo[08/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva esta fin de semana o espectáculo do Centro Dramático Galego Días sen gloria aos escenarios de Tui e da Estrada, onde se representará a obra de Roberto Vidal Bolaño dirixida por Fefa Noia e protagonizada por Manuel Manquiña como homenaxe ao autor ao que se dedica o Día das Letras.
A COMPAÑÍA FUNDADA POR ROBERTO VIDAL BOLAÑO REAPARECE NOS ESCENARIOS DA MAN DE LAURA PONTE E ROI VIDAL

Teatro Antroido estrea mañá en Rianxo 'BailadELAS. Mulleres bolañesas' en coprodución co CDG

Documento anexo[03/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coproduce, a través do Centro Dramático Galego (CDG), o espectáculo BailadELAS. Mulleres bolañesas, que Teatro Antroido estrea mañá sábado ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo. A compañía coa que Roberto Vidal Bolaño iniciara hai 35 anos o proceso de profesionalización teatral en Galicia regresa agora aos escenarios cunha proposta en homenaxe ao seu fundador, da man da actriz Laura Ponte, codirectora xunto a el da formación orixinal, e de Roi Vidal, o fillo de ambos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 | 62 | 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal