AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PODERÁ VERSE EN SANTIAGO ATA O DOMINGO 26

'Ganas de ouvear' estréase mañá no Salón Teatro como primeira coprodución entre os teatros públicos de Galicia e Cataluña

Documento anexo[22/04/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a través do Centro Dramático Galego (CDG), mailo Teatre Nacional de Catalunya (TNC) producen xunto coa compañía galega Catrocadeiras o espectáculo ‘Ganas de ouvear’, que se poderá ver desde mañá xoves 23 e ata o domingo 26 de abril no Salón Teatro de Santiago. A proposta, dirixida polo ourensán Dani Salgado a partir de textos poéticos do galego Alfonso Pexegueiro e do catalán Narcís Comadira, chega a Galicia tras a súa estrea en Barcelona baixo o título ‘Ganes d’udolar’.
ESTARÁ NO TEATRO PRINCIPAL ESTRADENSE O VENRES 24 E NO AUDITORIO DA SEDE DE AFUNDACIÓN NA CIDADE DO LÉREZ O MÉRCORES 29

O Centro Dramático Galego pon rumbo á Estrada e Pontevedra coa xira de 'Xardín suspenso'

Documento anexo[21/04/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon rumbo á provincia de Pontevedra co seu espectáculo ‘Xardín suspenso’, a partir da obra de Abel Neves, para ofrecer catro funcións noutros tantos escenarios. Así, a montaxe que Cándido Pazó dirixiu para a compañía pública poderá verse no Teatro Principal da Estrada o venres 24 de abril, no Auditorio da sede de Afundación en Pontevedra o mércores 29 de abril, no Teatro Afundación de Vigo o mércores 6 de maio e no Teatro Municipal de Tui o venres 8 de maio.
SETE ACTORES, BAILARÍNS E MÚSICOS POÑEN EN ESCENA ESTA PRODUCIÓN INTERNACIONAL, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA DO 15 AO 19 DE ABRIL

A compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança chegan ao Salón Teatro para a estrea en Galicia de 'Pangeia' coa colaboración do Centro Dramático Galego

Documento anexo[14/04/2015] Galicia, Brasil e Portugal unen camiños escénicos en 'Pangeia', produción internacional liderada pola compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança, que se representará a partir de mañá día 15 no Salón Teatro de Santiago. O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na estrea galega desta montaxe multidisciplinar, que chega a Compostela tras o éxito obtido en Portugal e Brasil, países onde contou co apoio do Centro Cultural Malaposta de Lisboa, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e a Asociación de Produtores de Pernambuco.
NAS PRÓXIMAS SEMANAS VISITARÁ O BARCO, A ESTRADA, PONTEVEDRA, VIGO, TUI, RIANXO, OURENSE E A CORUÑA

O CDG inicia mañá en Narón a xira que levará 'Xardín suspenso' a nove escenarios galegos e a Lisboa

Documento anexo[10/04/2015] Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá 11 de abril en Narón a xira de representacións do seu último espectáculo, ‘Xardín suspenso’, co que visitará tamén ata finais de maio O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense, A Coruña e Lisboa.
O VENRES 10 E O SÁBADO 11, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 12, ÁS 18:30

O espectáculo de debut de Vía Seis e a estrea da curtametraxe 'Memento mori' protagonizan a fin de semana no Salón Teatro

Documento anexo[09/04/2015] Dúas novas propostas de produción galega protagonizan a carteleira desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago, que mañá venres 10 e o sábado 11 acollerá dúas funcións do espectáculo de debut da compañía Vía Seis, ‘Amor en 3D’, mentres que o domingo 12 será o escenario da estrea de ‘Memento mori’, a última curtametraxe da realizadora galega Marisa Otero.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 | 63 | 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal