AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O CDG HOMENAXEA O AUTOR COMPOSTELÁN RECUPERANDO PARA AS TÁBOAS, DA MAN DA DIRECTORA FEFA NOIA, UNHA DAS OBRAS QUE MELLOR RESUME O SEU UNIVERSO TEATRAL

O Centro Dramático Galego estrea "Días sen gloria" como eixo da súa programación dedicada a Roberto Vidal Bolaño

Documento anexo[03/04/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este venres 5 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago a produción Días sen gloria, dirixida pola galega Fefa Noia a partir da que está considerada como unha das obras mestras de Roberto Vidal Bolaño. Trátase dunha historia de tinturas épicas sobre unha viaxe sen retorno, co Camiño de Santiago como fío condutor, que regresa agora aos escenarios como proposta central da programación que a compañía pública desenvolve en homenaxe ao dramaturgo compostelán no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
MONTSERRAT PENA PRESAS ELABORA O MATERIAL DIDÁCTICO SOBRE A PEZA DE VIDAL BOLAÑO QUE ESTÁ A DIRIXIR FEFA NOIA

Cultura e Educación publica un caderno pedagóxico dixital para a difusión escolar do espectáculo do CDG "Días sen gloria"

[19/03/2013] Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará un caderno pedagóxico dixital dirixido ao fomento no medio escolar da obra de Roberto Vidal Bolaño Días sen gloria, a través da proposta escénica que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o próximo 5 de abril baixo a dirección de Fefa Noia.
O ESPAZO DO CDG CELEBRA TAMÉN MARATÓNS DE CONTACONTOS PARA BEBÉS E PARA RAPACES A PARTIR DAS 5 DA TARDE

O Salón Teatro acolle mañá a gala final do Festival Atlántica coa participación de máis de 20 contadores

Documento anexo[15/03/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle mañá as actividades finais do Festival Atlántica de narración oral coa celebración de distintas actividades infantís e unha gran gala final na que participan máis de 20 contadores e contadoras de Galicia e doutras procedencias presentes no encontro.
A ESTREA DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO BAIXO A DIRECCIÓN DE FEFA NOIA SERÁ O 5 DE ABRIL

O Centro Dramático Galego de Cultura e Educación desenvolve no Salón Teatro os últimos ensaios de "Días sen gloria"

Documento anexo[14/03/2013] O Centro Dramático Galego (CDG) comezou a desenvolver esta semana no Salón Teatro de Santiago a última fase de ensaios do seu novo espectáculo, Días sen gloria, versión da obra de Roberto Vidal Bolaño que a compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreará o 5 de abril como unha das principais propostas da programación que dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras.
A COMPAÑÍA NA QUE O AUTOR DESENVOLVEU A ÚLTIMA PARTE DA SÚA TRAXECTORIA COPRODUCE CO CDG UNHA NOVA VERSIÓN DO EMBLEMÁTICO ESPECTÁCULO

Teatro do Aquí volve aos escenarios con 'Criaturas', de Roberto Vidal Bolaño, co apoio da Consellería de Cultura e Educación

Documento anexo[14/03/2013] A compañía Teatro do Aquí estrea o vindeiro 19 de abril en Narón a nova versión de Criaturas, o emblemático texto de Roberto Vidal Bolaño que volve aos escenarios a cargo de Teatro do Aquí e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través dun réxime de coprodución co Centro Dramático Galego.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 | 65 | 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal