AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PRESENCIOU UNHA PARTE DA INTERPRETACIÓN DE LUISA MERELAS, GONZALO URIARTE, MARCOS VIÉITEZ E ALBERTO ROLÁN

Vázquez Abad comparte co equipo de 'Longa viaxe cara á noite' unha sesión dos ensaios previos á estrea do día 22 en Santiago

Documento anexo[13/03/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe co equipo artístico e técnico da montaxe do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Longa viaxe cara á noite’ unha sesión da recta final dos ensaios previos á estrea, que se están a desenvolver no Salón Teatro de Santiago.


A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO TEATRO JOFRE PROMOVE A INICIATIVA

Ferrol acolle unha extensión do programa do CDG 'Vidal Bolaño recuperado' coa proxección de 'Agasallo de sombras' e 'Rosalía'

[11/03/2013] A Asociación de Amigos do Teatro Jofre organiza en Ferrol unha extensión do ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), que comprende dúas sesións comentadas por expertos arredor da proxección de fragmentos das pezas Agasallo de sombras (13 de marzo) e Rosalía (20 de marzo).
O XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DA USC CELÉBRASE DESDE HOXE E ATA O SÁBADO NO ESPAZO COMPOSTELÁN, CUNHA FUNCIÓN DIARIA ÁS 21.00 HORAS

Cinco compañías universitarias actúan esta semana no Salón Teatro de Cultura e Educación dentro da nova edición do FITU

Documento anexo[04/03/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) no desenvolvemento do XIX Festival Internacional de Teatro Universitario, que se celebra desde hoxe e ata o sábado 9 no Salón Teatro. Cinco compañías universitarias de Galicia, Murcia, Poloña e Portugal amosarán os seus últimos espectáculos no espazo escénico da Xunta de Galicia, que durante esta semana acollerá unha representación diaria ás 21.00 horas.
SERÁ O SÁBADO DÍA 2 E OS ESPECTADORES SITUARÁNSE NUNHA GRADA SOBRE O ESCENARIO

O Salón Teatro abre ao público o proceso de creación de "Symon Pédícrí" como final da residencia artística de Diego Anido no CDG

Documento anexo[28/02/2013] O Salón Teatro de Santiago de Compostela ofrece este sábado 2 de marzo, ás 20.30 horas, unha mostra pública do proceso de creación de Symon Pédícrí , o novo espectáculo do performer Diego Anido, quen conclúe así a residencia artística que vén desenvolvendo desde mediados de mes no Centro Dramático Galego (CDG) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
DIRIXIDA POR PALOMA LUGILDE, A PRIMEIRA FUNCIÓN TERÁ LUGAR O DOMINGO DÍA 3 NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO

Cultura e Educación apoia a través do CDG a estrea de "Animaliños" pola Compañía de Teatro da USC-Lugo

Documento anexo[27/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela-Compañía de Teatro do Campus de Lugo na posta en escena da súa adaptación libre de Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño, no marco da programación especial que o Centro Dramático Galego (CDG) dedica este ano 2013 ao autor homenaxeado no Día das Letras.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 | 66 | 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal