Novas
CON FUNCIÓNS PARA TODA A FAMILIA OS DÍAS 13, 14, 22, 23, 26, 27, 28, 29 E 30, ÁS 18.00 HORAS
[09/12/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a intensa campaña de Nadal do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, coa que culminan dous meses de xira desta versión para toda a familia da coñecida obra de Carlos Casares.
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE UNHA FUNCIÓN ESCOLAR O VENRES 5 E OUTRA MATINAL PARA PÚBLICO XERAL O SÁBADO 6
[03/12/2014] O espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), encara xa a recta final da súa xira galega, no marco da que esta semana se presenta no Teatro Principal da Estrada para ofrecer dúas funcións matinais: o venres 5, ás 11.30 horas, para escolares, e o sábado 6, ás 12.30 horas, para público familiar.
OFRECERÁ ATA O XOVES 4 TRES FUNCIÓNS DE ACCESO GRATUÍTO PARA O PÚBLICO
[01/12/2014] O Salón Teatro compostelán, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle mañá martes 2 de decembro ás 21:00 horas a estrea de ‘A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’, a nova montaxe da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O CDG COLABORA COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NA ORGANIZACIÓN DESTE ENCONTRO, QUE TERÁ LUGAR DO 12 AO 23 DE XANEIRO DE 2015
[25/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran na organización do curso sobre posta en escena que o director e profesor canadense Joël Beddows impartirá do 12 ao 23 de xaneiro. Dirixido tanto a actores como a directores teatrais, o encontro achegaralles aos participantes unha reflexión práctica sobre o proceso de creación escénica, ademais dunha serie de técnicas de perfeccionamento no ámbito da dirección.
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO REMATARÁ EN SANTIAGO A XIRA CON ESTA VERSIÓN DA OBRA DE CARLOS CASARES
[19/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir a venda anticipada das entradas para as nove funcións de Nadal que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá no Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Esta versión para público familiar da coñecida obra de Carlos Casares permanecerá na carteleira do espazo compostelán, sede da compañía pública, do 9 ao 30 de decembro, período durante o que tamén desenvolverá unha intensa campaña escolar coa participación de colexios de toda a comarca.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
| 68 |
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes