Novas
O ESPECTÁCULO DO CDG REPRESENTARASE NUN PASE ÚNICO ÁS 20.30 HORAs
[29/04/2015] O Teatro Afundación de Vigo ofrecerá o vindeiro mércores 6 de maio un pase único do espectáculo ‘Xardín suspenso’, dirixido para o Centro Dramático Galego (CDG) polo vigués Cándido Pazó. Con esta función, que terá lugar ás 20.30 horas, a compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria alcanzará o ecuador da xira que está a desenvolver con esta versión da obra de Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da actual escena portuguesa, e que rematará a finais de maio en Lisboa despois de ter visitado unha decena de escenarios.
ACOLLERÁ NOVE DOS 15 ESPECTÁCULOS DA DÉCIMO SEXTA EDICIÓN DESTE ENCONTRO
[24/04/2015] O Salón Teatro, espazo escénico do Centro Dramático Galego en Santiago, acollerá do luns 27 de abril ao mércores 6 de maio as últimas propostas de nove compañías universitarias galegas como unha das sedes da XVI Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
PODERÁ VERSE EN SANTIAGO ATA O DOMINGO 26
[22/04/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a través do Centro Dramático Galego (CDG), mailo Teatre Nacional de Catalunya (TNC) producen xunto coa compañía galega Catrocadeiras o espectáculo ‘Ganas de ouvear’, que se poderá ver desde mañá xoves 23 e ata o domingo 26 de abril no Salón Teatro de Santiago. A proposta, dirixida polo ourensán Dani Salgado a partir de textos poéticos do galego Alfonso Pexegueiro e do catalán Narcís Comadira, chega a Galicia tras a súa estrea en Barcelona baixo o título ‘Ganes d’udolar’.
ESTARÁ NO TEATRO PRINCIPAL ESTRADENSE O VENRES 24 E NO AUDITORIO DA SEDE DE AFUNDACIÓN NA CIDADE DO LÉREZ O MÉRCORES 29
[21/04/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon rumbo á provincia de Pontevedra co seu espectáculo ‘Xardín suspenso’, a partir da obra de Abel Neves, para ofrecer catro funcións noutros tantos escenarios. Así, a montaxe que Cándido Pazó dirixiu para a compañía pública poderá verse no Teatro Principal da Estrada o venres 24 de abril, no Auditorio da sede de Afundación en Pontevedra o mércores 29 de abril, no Teatro Afundación de Vigo o mércores 6 de maio e no Teatro Municipal de Tui o venres 8 de maio.
SETE ACTORES, BAILARÍNS E MÚSICOS POÑEN EN ESCENA ESTA PRODUCIÓN INTERNACIONAL, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA DO 15 AO 19 DE ABRIL
[14/04/2015] Galicia, Brasil e Portugal unen camiños escénicos en 'Pangeia', produción internacional liderada pola compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança, que se representará a partir de mañá día 15 no Salón Teatro de Santiago. O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na estrea galega desta montaxe multidisciplinar, que chega a Compostela tras o éxito obtido en Portugal e Brasil, países onde contou co apoio do Centro Cultural Malaposta de Lisboa, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e a Asociación de Produtores de Pernambuco.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
| 71 |
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes