AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

AS REPRESENTACIÓNS DESTA CREACIÓN COLECTIVA, A PARTIR DA OBRA ‘NOITE DE REIS’ DE SHAKESPEARE, TERÁN LUGAR O VENRES E O SÁBADO ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO ÁS 18.00

O Salón Teatro de Cultura e Educación ofrece esta fin de semana tres funcións da comedia "Iliria" de Elefante Elegante

Documento anexo[20/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver no Salón Teatro de Santiago unha programación integramente dedicada á escena galega, no marco da que a compañía Elefante Elegante representará esta fin de semana o espectáculo Iliria, a súa particular revisión da obra Noite de reis de William Shakespeare.
O PROGRAMA DESPÍDESE ATA NOVEMBRO CON SENLLAS CITAS DEDICADAS A ESTAS PEZAS, ESCRITAS E DIRIXIDAS POLO AUTOR COMPOSTELÁN PARA A SÚA COMPAÑÍA TEATRO DO AQUÍ

O ciclo audiovisual "Vidal Bolaño recuperado" lembra esta semana no Salón Teatro os espectáculos "Anxeliños" e "Animaliños"

Documento anexo[19/02/2013] O ciclo audiovisual Vidal Bolaño recuperado, a través do que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a analizar mediante o seu visionado algunhas das principais pezas teatrais do autor homenaxeado no Día das Letras, dedicará as sesións desta semana a dous dos espectáculos que escribiu e dirixiu para a súa compañía Teatro do Aquí: Anxeliños!, que centrará a sesión de mañá mércores 20, e Animaliños, a do xoves 21.
O PERFORMER GALEGO AFINCADO EN BARCELONA DESENVOLVERÁ NA NAVE TÉCNICA DA AGADIC E NO SALÓN TEATRO PARTE DO TRABALLO DE CREACIÓN DO ESPECTÁCULO SYMON PÉDÍCRÍ

Diego Anido inicia unha residencia artística no CDG co apoio da Consellería de Cultura e Educación

[18/02/2013] O artista escénico Diego Anido inicia hoxe unha residencia no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do traballo de creación do seu vindeiro espectáculo, Symon Pédícrí, para o que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A compañía pública participa no acompañamento ao proceso previo á estrea da montaxe, coproducida polo espazo El Graner (asociado ao Mercat de les Flors e ao programa Fábricas de Creación de Barcelona) e o Festival Alt de Vigo, que incluirá a mostra ao público galego dun adianto do resultado acadado.
TODAS AS SESIÓNS DAN COMEZO ÁS 19.00 HORAS E A ENTRADA É LIBRE ATA COMPLETAR A CAPACIDADE

"Laudamuco" e "Saxo Tenor" centran esta semana o ciclo audiovisual "Vidal Bolaño recuperado" que o CDG organiza no Salón Teatro

Documento anexo[12/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago dúas novas citas audiovisuais do ciclo Vidal Bolaño recuperado, que dedicará a sesión de mañá mércores 13 á análise de Laudamuco, señor de ningures a partir da súa posta en escena polo Centro Dramático Galego en 2003 (na imaxe), mentres que a do xoves 14 se centrará no espectáculo Saxo Tenor, que o propio Roberto Vidal Bolaño dirixira para a súa compañía Teatro do Aquí en 1993.
HOXE COMEZAN OS ENSAIOS DE "DÍAS SEN GLORIA", PRODUCIÓN PROPIA QUE SE ESTREARÁ O PRÓXIMO 5 DE ABRIL BAIXO A DIRECCIÓN ESCÉNICA DE FEFA NOIA

Cultura e Educación dedica á obra de Roberto Vidal Bolaño todos os espectáculos do Centro Dramático Galego de 2013

Documento anexo[11/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dedica á difusión da obra de Roberto Vidal Bolaño todos os espectáculos que o Centro Dramático Galego asumirá a xeito de produción propia ou en réxime de participación con compañías privadas e outras entidades ao longo de 2013, ano no que se homenaxea o dramaturgo compostelán co Día das Letras Galegas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 | 72 | 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal