AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

SETE ACTORES, BAILARÍNS E MÚSICOS POÑEN EN ESCENA ESTA PRODUCIÓN INTERNACIONAL, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA DO 15 AO 19 DE ABRIL

A compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança chegan ao Salón Teatro para a estrea en Galicia de 'Pangeia' coa colaboración do Centro Dramático Galego

Documento anexo[14/04/2015] Galicia, Brasil e Portugal unen camiños escénicos en 'Pangeia', produción internacional liderada pola compañía galega Limiar Teatro e a brasileira Acaso Dança, que se representará a partir de mañá día 15 no Salón Teatro de Santiago. O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na estrea galega desta montaxe multidisciplinar, que chega a Compostela tras o éxito obtido en Portugal e Brasil, países onde contou co apoio do Centro Cultural Malaposta de Lisboa, o Festival Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife e a Asociación de Produtores de Pernambuco.
NAS PRÓXIMAS SEMANAS VISITARÁ O BARCO, A ESTRADA, PONTEVEDRA, VIGO, TUI, RIANXO, OURENSE E A CORUÑA

O CDG inicia mañá en Narón a xira que levará 'Xardín suspenso' a nove escenarios galegos e a Lisboa

Documento anexo[10/04/2015] Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá 11 de abril en Narón a xira de representacións do seu último espectáculo, ‘Xardín suspenso’, co que visitará tamén ata finais de maio O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense, A Coruña e Lisboa.
O VENRES 10 E O SÁBADO 11, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 12, ÁS 18:30

O espectáculo de debut de Vía Seis e a estrea da curtametraxe 'Memento mori' protagonizan a fin de semana no Salón Teatro

Documento anexo[09/04/2015] Dúas novas propostas de produción galega protagonizan a carteleira desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago, que mañá venres 10 e o sábado 11 acollerá dúas funcións do espectáculo de debut da compañía Vía Seis, ‘Amor en 3D’, mentres que o domingo 12 será o escenario da estrea de ‘Memento mori’, a última curtametraxe da realizadora galega Marisa Otero.
O PROXECTO PARTE DUN TEXTO DO POETA GALEGO ALFONSO PEXEGUEIRO

O Teatre Nacional de Catalunya estrea mañá en Barcelona o espectáculo coproducido co CDG 'Ganes d'udolar'

Documento anexo[08/04/2015] A Sala Tallers do Teatre Nacional de Catalunya (TNC) acolle mañá xoves 9 de abril a estrea de ‘Ganes d’udolar’, espectáculo coproducido entre a compañía pública catalá e o Centro Dramático Galego (CDG) con dirección escénica do ourensán Dani Salgado.


ESTE XOVES 9, Ás 20.30 HORAS, NO SALÓN TEARO

O teatro portugués regresa á sede do CDG coa versión da obra de Eça de Queiroz 'O Mandarim' pola Companhia de Almada

Documento anexo[07/04/2015] O teatro portugués regresa esta semana ao Salón Teatro de Santiago, que recibe este xoves día 9 a Companhia de Teatro de Almada co espectáculo ‘O Mandarim’, a partir da obra de Eça de Queiroz. Con esta función, programada para as 20.30 horas, arranca a nova carteleira na sede do Centro Dramático Galego (CDG) que, tras a temporada de exhibición da produción propia ‘Xardín suspenso’, acollerá ata xuño máis de 50 citas escénicas, musicais e audiovisuais.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 | 73 | 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal