Novas
A ESTREA SERÁ NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE O 3 DE OUTUBRO
[02/09/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou os ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) sobre a obra de Carlos Casares ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, que, baixo a dirección do creador luso-brasileiro José Caldas, culminarán coa estrea desta montaxe como apertura da temporada 2014-2015 da compañía pública o vindeiro 3 de outubro no Teatro Principal de Ourense.
O SALÓN TEATRO ACOLLERÁ A ELEFANTE ELEGANTE E PISTA CATRO ACTUARÁ NA PRAZA DE PRATERÍAS
[17/07/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa para o este sábado 19 de xullo unha Tarde de Teatro e Circo para toda a familia en Santiago de Compostela, que inclúe dúas sesións de lecer para facer gozar os máis novos a través das artes escénicas.
O INTÉRPRETE ITALIANO E O CLAVECINISTA NEOIORQUINO KENNETH WEISS EXECUTARÁN UN PROGRAMA BASEADO NAS SONATAS PARA VIOLÍN E CLAVE DE BACH
[30/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá mañá martes 1 de xullo un concerto do violinista italiano Fabio Biondi como escenario colaborador do festival de música ‘Vía Stellae’ que o Concello de Santiago está a desenvolver desde o pasado 20 de xuño e ata o próximo día 15 en distintos espazos de Compostela.
DARÁ COMO RESULTADO DOUS ESPECTÁCULOS QUE SE PRODUICIRÁN EN 2015 E 2016 COA PARTICIPACIÓN DE ALUMNOS GALEGOS E LUSOS
[27/06/2014] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá no Salón Teatro de Santiago o ‘Proxecto Nós Territorio (Es)cénico Portugal Galicia’, que durante os dous vindeiros anos permitirá levar adiante unha ambiciosa experiencia de intercambio e ensino teatral entre os máis importantes teatros públicos e centros de formación en artes escénicas ás dúas beiras do Miño. Unha iniciativa de gran relevancia "para o avance do desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal, para cada un deles por separado e, sobre todo, para os dous en conxunto", en palabras de Vázquez Abad.
‘ROMEO E XULIETA’ E ‘MOBILE LOVERS BY BANSKY’ REALIZÁRONSE NO MARCO DE PROGRAMAS DESEÑADOS POLA UNIDADE DE ATENCIÓN EDUCATIVA EN ALTAS CAPACIDADES DA USC
[27/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis na xornada artística promovida pola Asociación de Altas Capacidades (Asac) de Galicia e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para compartir cos espectadores os traballos realizados nos diferentes programas de enriquecemento especialmente deseñados para alumnos e alumnas cun potencial elevado.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
| 76 |
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
| Seguintes