AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

OFRECERÁ ATA O XOVES 4 TRES FUNCIÓNS DE ACCESO GRATUÍTO PARA O PÚBLICO

O Salón Teatro acolle mañá a estrea do novo espectáculo da Aula de Teatro da Universidade de Santiago

[01/12/2014] O Salón Teatro compostelán, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle mañá martes 2 de decembro ás 21:00 horas a estrea de ‘A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’, a nova montaxe da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O CDG COLABORA COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NA ORGANIZACIÓN DESTE ENCONTRO, QUE TERÁ LUGAR DO 12 AO 23 DE XANEIRO DE 2015

Aberto o prazo de preinscrición para o curso sobre posta en escena do director canadense Joël Beddows

Documento anexo[25/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran na organización do curso sobre posta en escena que o director e profesor canadense Joël Beddows impartirá do 12 ao 23 de xaneiro. Dirixido tanto a actores como a directores teatrais, o encontro achegaralles aos participantes unha reflexión práctica sobre o proceso de creación escénica, ademais dunha serie de técnicas de perfeccionamento no ámbito da dirección.
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO REMATARÁ EN SANTIAGO A XIRA CON ESTA VERSIÓN DA OBRA DE CARLOS CASARES

Á venda as entradas para as funcións de Nadal de 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' no Salón Teatro

Documento anexo[19/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir a venda anticipada das entradas para as nove funcións de Nadal que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá no Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Esta versión para público familiar da coñecida obra de Carlos Casares permanecerá na carteleira do espazo compostelán, sede da compañía pública, do 9 ao 30 de decembro, período durante o que tamén desenvolverá unha intensa campaña escolar coa participación de colexios de toda a comarca.
SERÁN SEIS NOVAS FUNCIÓNS MATINAIS PARA ALUMNAS E ALUMNOS DE ENSINO PRIMARIO

O CDG achega 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' aos escolares de Viveiro, Tui, O Barco e Rianxo

Documento anexo[11/11/2014] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Consellería de Cultura e Educación, desenvolverá nas próximas semanas seis novas funcións do espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' dirixidas a alumnos e alumnas de educación primaria dos concellos de Viveiro, Tui, O Barco e Rianxo.


Ás 18.00 HORAS NO TEATRO DO CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN

Continúa a viaxe galega de 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', cunha nova función familiar este domingo en Vigo

Documento anexo[30/10/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chega este domingo 2 de novembro a Vigo con ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, versión da obra de Carlos Casares que será representada ás 18.00 horas no Teatro do Centro Cultural Afundación. Este escenario forma parte, ademais, da campaña escolar deste espectáculo de teatro e música en directo, do que o luns 3 de novembro se ofrecerán dous pases matinais para alumnos de centros educativos da cidade e de toda a comarca.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 | 78 | 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal