AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O ESPECTÁCULO ESTRÉASE O 29 DE SETEMBRO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO COMO INICIO DA TEMPADA 2022-2023 DA COMPAÑÍA DA XUNTA

O Centro Dramático Galego e Ainé inician os ensaios da súa produción 'Recortes, caneos e outras formas de driblar' sobre o mundo do fúbtol

[03/08/2022] O Centro Dramático Galego e Ainé acaban de iniciar os ensaios da súa produción Recortes, caneos e outras formas de driblar, coa que arranca a nova temporada 2022-2023 da unidade teatral da Xunta de Galicia. Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol, con Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta nas interpretacións.


O VOLUME, COEDITADO POLA AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E EDICIÓNS POSITIVAS, RECOLLE A ADAPTACIÓN DRAMÁTICA ASINADA POR CÁNDIDO PAZÓ DA NOVELA DE ALBERT CAMUS

A Xunta publica o texto do espectáculo do Centro Dramático Galego 'A peste' na colección 'O papel do teatro'

[15/07/2022] A adaptación dramática asinada por Cándido Pazó da novela A peste, de Albert Camus, para o espectáculo homónimo do Centro Dramático Galego constitúe o noveno número da colección editorial O papel do teatro, coa que se lles dá difusión aos textos das montaxes propias da unidade de produción teatral da Xunta de Galicia. O volume, publicado en réxime de coedición entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto á editora compostelá Positivas, preséntase nun formato de peto de máis de 150 páxinas con fotografías a cor que retratan escenas desta obra estreada no Salón Teatro en xaneiro deste ano cun elenco conformado por quince intérpretes.
O ESCENARIO DA UNIDADE DE PRODUCIÓN TEATRAL DA XUNTA ACOLLERÁ TRES FUNCIÓNS DE ACCESO GRATUÍTO ENTRE O XOVES 7 E O SÁBADO 9

O Salón Teatro recibe 'Tartufo', coprodución do Centro Dramático Galego con compañías e centros de ensino de Portugal, Francia e Galicia

[05/07/2022] O Salón Teatro recibe esta fin de semana o espectáculo Tartufo, adaptación do texto clásico de Molìere co que o Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, participa neste 2022 no regreso do Proxecto NÓS/NOUS. Esta iniciativa, de natureza internacional ao implicar institucións de Francia, Portugal e Galicia, é un espazo de creación escénica e de intercambio entre catro compañías públicas e outros tantos centros de ensino que ten como obxectivo promover tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral.
A CIDADE DE TROMSO ACOLLERÁ UN PRIMEIRO ENCONTRO PRESENCIAL COA PARTICIPACIÓN DA COMPAÑÍA GALEGA MOVING COMPASS

O Centro Dramático Galego inicia en Noruega o proxecto europeo 'Phone' para a posta en valor de linguas minoritarias a través do teatro

[29/06/2022] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, iniciou a súa participación no proxecto europeo Phone, no que estruturas teatrais de sete países desenvolven varias iniciativas conxuntas para a posta en valor de linguas minoritarias a través das artes escénicas. O primeiro dos encontros presenciais terá lugar esta fin de semana na cidade de Tromso (Noruega), país que forma parte deste proxecto xunto con Holanda, Francia, Romanía, Italia, Irlanda e Alemaña, ademais de España.
ESTÁ NO TEATRO PRINCIPAL A PARTIR DE HOXE, CUNHA FUNCIÓN INICIAL DIRIXIDA A CENTROS DE ENSINO

A produción do Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese o domingo na Estrada despois de 33 funcións en Galicia e Portugal

[02/06/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese esta semana dos escenarios na Estrada, onde estará desde hoxe ata o domingo coa primeira sesión dirixida a centros de ensino e as outras tres ao público xeral. Deste xeito, a produción suma 33 funcións desde a súa estrea en abril. Delas, 14 foron no Salón Teatro de Santiago de Compostela e 19 na xira, que tamén incluíu Cee, Cedeira e Catoira, ademais das localidades portuguesas de Coímbra e Beja.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 | 9 | 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal