AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O INTÉRPRETE ITALIANO E O CLAVECINISTA NEOIORQUINO KENNETH WEISS EXECUTARÁN UN PROGRAMA BASEADO NAS SONATAS PARA VIOLÍN E CLAVE DE BACH

A Consellería de Cultura e Educación colabora co festival 'Vía Stellae' no concerto que o violinista Fabio Biondi ofrecerá no Salón Teatro

Documento anexo[30/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá mañá martes 1 de xullo un concerto do violinista italiano Fabio Biondi como escenario colaborador do festival de música ‘Vía Stellae’ que o Concello de Santiago está a desenvolver desde o pasado 20 de xuño e ata o próximo día 15 en distintos espazos de Compostela.
DARÁ COMO RESULTADO DOUS ESPECTÁCULOS QUE SE PRODUICIRÁN EN 2015 E 2016 COA PARTICIPACIÓN DE ALUMNOS GALEGOS E LUSOS

Xesús Vázquez Abad presenta no Salón Teatro o 'Proxecto Nós', que promoverá o desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal

[27/06/2014] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá no Salón Teatro de Santiago o ‘Proxecto Nós Territorio (Es)cénico Portugal Galicia’, que durante os dous vindeiros anos permitirá levar adiante unha ambiciosa experiencia de intercambio e ensino teatral entre os máis importantes teatros públicos e centros de formación en artes escénicas ás dúas beiras do Miño. Unha iniciativa de gran relevancia "para o avance do desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal, para cada un deles por separado e, sobre todo, para os dous en conxunto", en palabras de Vázquez Abad.
‘ROMEO E XULIETA’ E ‘MOBILE LOVERS BY BANSKY’ REALIZÁRONSE NO MARCO DE PROGRAMAS DESEÑADOS POLA UNIDADE DE ATENCIÓN EDUCATIVA EN ALTAS CAPACIDADES DA USC

O Salón Teatro acolle este domingo as estreas dun musical e dunha curtametraxe promovidas pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia

Documento anexo[27/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis na xornada artística promovida pola Asociación de Altas Capacidades (Asac) de Galicia e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para compartir cos espectadores os traballos realizados nos diferentes programas de enriquecemento especialmente deseñados para alumnos e alumnas cun potencial elevado.
ALBA BLANCO DORREGO, ALBERTE CABARCOS, DAVIDE GONZÁLEZ LORENZO, AILÉN KENDELMAN, FRAN LAREU E LAURA VILLAVERDE

O CDG seleccionou os seis novos intérpretes que reporán o seu espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

Documento anexo[25/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer os integrantes do elenco da nova montaxe de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, para a que o Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu un proceso de selección ao que concorreron un total de 82 persoas. Alba Blanco Dorrego, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde son os seis seleccionados polo tribunal destas audicións, celebradas durante a pasada semana no Salón Teatro de Santiago e durante as que se valorou a interpretación en directo dos candidatos como actores, músicos e cantantes.
COA ASISTENCIA DUN TOTAL DE 13 ALUMNOS PROCEDENTES DE DIFERENTES COMPAÑÍAS DA FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO

O Centro Dramático Galego colabora con Fegatea no desenvolvemento dun curso de iluminación no Salón Teatro

[20/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) colaboran na organización dun curso de iluminación que se desenvolverá esta fin de semana no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), coa asistencia de 13 alumnos procedentes das distintas compañías que integran a asociación.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 | 81 | 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal