AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A CORAL E A BANDA DE MÚSICA SOLFA ACTÚAN ESTE VENRES 20, ÁS 20.30 H, E O GRUPO DE TEATRO DE DOWN COMPOSTELA REPRESENTA 'AS PROBAS DE HÉRCULES' O 27 ÁS 21.00 H

O Salón Teatro cede o seu escenario para as funcións especiais da Asociación Cultural e Musical Solfa e da Fundación Down Compostela

Documento anexo[18/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entra na recta final da súa programación de xuño con dúas sesións especiais de música e de teatro promovidas respectivamente pola Asociación Cultural e Musical Solfa e a Fundación Down Compostela.
A PARTIR DO LUNS, NO SALÓN TEATRO

Un total de 82 actores e actrices participarán nas audicións para 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

[13/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reunirá 82 actores e actrices nas audicións que se desenvolverán no Salón Teatro de Santiago a partir do próximo luns 16 para seleccionar o elenco do espectáculo do Centro Dramático Galego ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Do total de aspirantes que concorreron a esta convocatoria pública, 50 optan aos tres papeis femininos e 32 aos tres masculinos deste texto de Carlos Casares, que regresará aos escenarios a partir do outono.
O VENRES 13, ÁS 19.00 E ÁS 22.00 H, E O XOVES 14, ÁS 20.00 E ÁS 22.00 H

A película 'Encallados' do realizador compostelán Alfonso Zarauza ofrece catro pases de estrea no Salón Teatro

Documento anexo[11/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana os catro pases cos que o filme ‘Encallados’, do realizador compostelán Alfonso Zarauza, comeza o seu percorrido por distintas salas galegas. En Santiago, esta produción de Zircozine proxectarase en sesión dobre o venres 13, ás 19.00 e ás 22.00 horas, e o sábado 14, ás 20.00 e ás 22.00 horas.
OS XOVES 12 E 19 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS

O II Campionato Galego de Improvisación Escénica celebra as súas semifinais no Salón Teatro

[10/06/2014] O Salón Teatro de Santiago será o escenario os próximos xoves 12 e 19 de xuño das semifinais do II Campionato Galego de Improvisación, xénero escénico que comeza a contar cun nutrido número de intérpretes e seguidores en Galicia. Nestas dúas sesións, que terán lugar ás 21.00 horas, elixiranse os candidatos que competirán na final do certame o sábado 21 no Teatro Principal.
DO MÉRCORES 4 AO DOMINGO 8 DE XUÑO

O Salón Teatro acolle esta semana cinco funcións do espectáculo 'Meu ben' con Elina Luaces, Mercedes Castro e Rocío González

Documento anexo[02/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta semana un total de cinco funcións do espectáculo ‘Meu ben’, protagonizado por Elina Luaces, Mercedes Castro e Rocío González. A nova produción de Eme2 representarase no espazo compostelán a partir do mércores día 4, tomando así o relevo de Teatro Muxicas, agrupación artística da ONCE en Ourense, que mañá martes abre a carteleira de xuño coa representación ás 20.30 horas de ‘A visita da vella dama’.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 | 82 | 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal