Novas
O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN PRESENCIOU A COPRODUCIÓN REALIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E TEATRO DO NOROESTE NO SALÓN TEATRO
[18/10/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a representación da obra
Touporroutou da lúa e do sol no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, interpretada por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, e que permanecerá en cartel na capital galega ata este domingo para, posteriormente, comezar unha xira por diferentes escenarios galegos e portugueses.
SERÁ ESTE DOMINGO DÍA 13 NO PAZO DA CULTURA ÁS 21:00H
[11/10/2013] O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo estreará este domingo día 13 o espectáculo
Symon Pédícrí, do galego Diego Anido, proxecto apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través dunha residencia artística desenvolvida no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do proceso creativo desta proposta escénica.
CDG E TEATRO DO NOROESTE COPRODUCEN ESTA MONTAXE, CON DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO A PARTIR DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO
[07/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá a campaña escolar arredor do espectáculo
Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que durante a súa estadía no Salón Teatro de Santiago congregará máis de 1.300 alumnos de 20 centros educativos de toda Galicia. Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) coproducen esta montaxe, dirixida por Eduardo Alonso, a través da que afondan na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.
DIRIXIDA POR EDUARDO ALONSO, ESTA MONTAXE PARA PÚBLICO FAMILIAR ESTRÉASE O VENRES 4 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO
[02/10/2013] Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, estrean este venres día 4, ás 19.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo para público familiar
Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que ambas as compañías coproducen co obxectivo de afondar na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.
O CDG ADIANTOU AS LIÑAS DO SEU PROGRAMA 2013-14, CO QUE ENTRA NO ANO EN QUE SE CONMEMORA O TRINTA ANIVERSARIO DA SÚA FUNDACIÓN
[27/09/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a temporada escénica 2013-2014 do Centro Dramático Galego (CDG), durante a que a compañía pública producirá o drama
Longa viaxe cara á noite, do estadounidense Eugene O’Neill, e recuperará o seu exitoso espectáculo
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a partir da obra de teatro infantil de Carlos Casares. Nesta nova programación, que dá comezo o vindeiro 4 de outubro coa estrea de Touporroutou da lúa e do sol xunto a Teatro do Noroeste, o CDG avanza tamén no seu plan de coproducións a través das montaxes de
A tempestade, en colaboración coa compañía galega Voadora, e
Sem herói nem reino, coa portuguesa Companhia de Teatro de Braga e a angoleña Elinga Teatro.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
| 87 |
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes