AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PRESENTARÁ EN DIRECTO OS TEMAS DE ‘ÉRASE UN SUEÑO’, O SEU DISCO DE DEBUT

A cantautora asturiana Paula Rojo inaugura este sábado no Salón Teatro o ciclo Íntimo & Acústico

Documento anexo[09/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das sedes da nova edición do ciclo Íntimo & Acústico, que dá comezo neste escenario compostelán o sábado día 11 co concerto que a cantautora asturiana Paula Rojo ofrecerá ás 20.30 horas.
O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 10 DE XANEIRO, ÁS 20.30 H

O sexteto Tempo Catro presenta en directo no Salón Teatro o disco no que pon música a Rosalía

Documento anexo[08/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, un concerto no que o sexteto Tempo Catro presentará en directo os temas incluídos en ‘Os ollos que falan. Rosalía de Castro’, traballo discográfico no que pon música a once poemas de ‘Cantares gallegos’.
ESTE MUSICAL SOBRE O AMOR REPRESÉNTASE O VENRES 3 E O SÁBADO 4 ÁS 20.30 HORAS

Voadora inaugura a nova carteleira do Salón Teatro con dúas funcións do seu espectáculo 'Waltz'

Documento anexo[01/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura esta semana a programación de 2014 do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións do espectáculo ‘Waltz’, da compañía galega Voadora, que terán lugar o venres 3 e o sábado 4 de xaneiro ás 20.30 horas. Desprégase así unha nova carteleira, que durante o primeiro mes do ano ofrecerá un total de 11 citas co teatro e a música, entre as que se atopan as montaxes da formación portuguesa Teatro Bruto e da galega Obras Públicas, ademais dos concertos de Sexteto Tempo Catro, Paula Rojo, Xosé Constenla e Cass McCombs.
O ESCENARIO COMPOSTELÁN OFRECEU NOS ÚLTIMOS DOCE MESES 134 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, 121 PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS E 8 CONCERTOS

O Salón Teatro despide 2013 cun concerto de blues a cargo de Adrián Costa e despois de ter realizado 263 funcións ao longo do ano

Documento anexo[28/12/2013] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despide mañá día 29 a programación de 2013 cun concerto de blues a a cargo de Adrián Costa e despois de ter desenvolvido ao longo de todo o ano un total de 263 actividades abertas ao público, entre funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
COMBINA O TEATRO DE OBXECTOS COA INTERPRETACIÓN A CARGO DAS ACTRICES ROCÍO GONZÁLEZ E LUCÍA REGUEIRO

O Salón Teatro de Santiago ofrece os días 27 e 28 dúas funcións familiares de 'O príncipe e o parrulo' a cargo da compañía Eme2

[23/12/2013] O Salón Teatro de Santiago de Compostela, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece os próximos días 27 e 28 de decembro dúas funcións para público familiar da montaxe ‘O príncipe e o parrulo’, a cargo da compañía galega Eme2 Emoción&Arte.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 | 88 | 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal