Novas
O TERCEIRO DOS RECITAIS DO FESTIVAL DARÁ COMEZO ÁS 20:00 HORAS
[03/07/2012] O cellista francés Jean Guihen-Queyras será o protagonista da terceira das xornadas do Via Stellae coa interpretación solista da integral das seis suites para violoncello de Bach. Será mañá mércores 4 ás 20.00h no Salón Teatro de Santiago, espazo que se incorpora deste xeito á programación do festival que organizan a Consellería de Cultura e Educación mailo Concello.
"NON NOS IMPORTA A FAMA" É O NOVO ESPECTÁCULO DA FORMACIÓN COMPOSTELÁ, QUE CORENTA DAS SÚAS VOCES INTERPRETARÁN ESTE SÁBADO ÁS 20.30 H E O DOMINGO ÁS 18.00
[14/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago dous concertos de O Coro da Ra, que terán lugar este sábado día 16 ás 20.30 horas e o domingo 17 ás 18.00 horas como peche da temporada 2011-2012. A formación compostelá presentará aquí o novo repertorio que dá forma ao seu espectáculo
Non nos importa a fama.
CLARA PINO, RUBÉN ABEL E ROI ADRIO INTERPRETARÁN NO SALÓN TEATRO OS TEMAS DO SEU PRIMEIRO DISCO CONXUNTO, EDITADO POR SONS GALIZA MÚSICA
[12/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o último concerto da cuarta entrega do ciclo ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.
JOSÉ LUIS PRIETO REPITE COMO AUTOR E DIRECTOR NESTA SEGUNDA PROPOSTA DA FORMACIÓN COMPOSTELÁ, QUE SE REPRESENTA DO VENRES 8 AO DOMINGO 10 COINCIDINDO CO INICIO DA EUROCOPA
[06/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións da comedia musical
O fútbol é así, segunda produción da compañía Obras Públicas que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego o venres 8 de xuño e o sábado 9, ás 20.30 horas, e o domingo 10, ás 18.00 h.
FAN ESCALA O XOVES 7 EN SANTIAGO ANTES DE VIAXAR A SÃO PAULO PARA PRESENTAR EN DIRECTO OS TEMAS DE "ACRÓBATA", O SEU PRIMEIRO DISCO CONXUNTO
[05/06/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este xoves 7, ás 21.00 horas, no Salón Teatro un novo concerto do ciclo ST Música Presente, no que a galega Ugia Pedreira e o brasileiro Fred Martins ofrecerán en directo os temas de
Acrobata, o seu primeiro traballo discográfico conxunto. Os artistas regresan a Galicia nunha escala da xira internacional dentro da que veñen de actuar en Oxford, Londres e Bruxelas para, a continuación, poñer rumbo cara a São Paulo coa súa persoal interpretación do achegamento entre as músicas populares de Galicia e Portugal.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
| 89 |
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
| Seguintes