Novas
O SALÓN TEATRO ACOLLE AS PROBAS ATA O XOVES PARA A SELECCIÓN DE 22 ACTRICES E ACTORES
[27/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, arrinca hoxe coa audición a 80 aspirantes a segunda fase do proceso de selección de 22 actrices e actores para as súas dúas novas producións propias. As probas desenvólvense ata o xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela e delas sairán os elencos definitivos para a adaptación de 'A Peste', de Albert Camus, con Cándido Pazó como director, e para 'Ás oito da tarde cando morren as nais', dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.
TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO EN OIA, NO PROPIO ESPAZO NO QUE SE BASEA A PEZA
[24/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, e a creadora escénica AveLina Pérez estrean este domingo no Real Mosteiro de Oia a coprodución 'ECO'. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Haberá tres funcións ao longo da tarde, cunha cabida total de 90 prazas e para as que xa non quedan entradas dispoñibles.
NESTA EDICIÓN O CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA SÚMASE AO SALÓN TEATRO E AO TEATRO PRINCIPAL COMO ESCENARIO
[14/09/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da nova edición do Festival Agustín Magán que arranca o venres en Santiago. No seu vixésimo aniversario diversificará os espazos das representacións e organizarase unha mención homenaxe con motivo do centenario de Agustín Magán.
A PEZA FOI A GAÑADORA DO II CERTAME MANUEL MARÍA DE PRODUCIÓNS TEATRAIS
[08/09/2021] A lúa vai encuberta, coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, estréase este venres no Teatro Principal de Ourense, segundo se anunciou hoxe na rolda de prensa de presentación do espectáculo, na que participou o director da compañía da Xunta, Fran Núñez.
CON ESTA PEZA, APOSTA POR UN ESPECTÁCULO NO QUE A DRAMATURXIA XORDE DO MOVEMENTO E DO XESTO
[08/09/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 10 de setembro a estrea da nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), 'Serva me, servabo te', onde permanecerá ata o 26 deste mes. A compañía da Xunta de Galicia ofrecerá un total de once funcións, de xoves a domingo, que, como vén sendo habitual, incluirán sesións descontraídas e encontros co público todas as semanas, así como unha representación final inclusiva.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
| 10 |
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes