AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

EN ‘O QUE VAI NA CABEÇA DO MENINO MANUEL’, UN ACTOR E UN MÚSICO RECREAN O UNIVERSO ONÍRICO CREADO POR MANUEL ANTÓNIO PINA

O Salón Teatro recibe este sábado a compañía portuguesa Teatro Bruto cun espectáculo musical para público familiar

[16/01/2014] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela, programa este sábado 18 de xaneiro, ás 18.30 horas, o espectáculo musical ‘O que vai na cabeça do menino Manuel’. Esta proposta da compañía portuguesa Teatro Bruto está pensada para o público familiar e infantil, recomendándose a partir dos catro anos de idade.
ACOMPAÑADO POR JAVIER CONSTENLA AOS TECLADOS E RÓBER VÁZQUEZ Á BATERÍA, INTERPRETARÁ NOVAS COMPOSICIÓNS XUNTO AOS SEUS TEMAS MÁIS COÑECIDOS

O cantautor compostelán Xosé Constenla actúa este xoves no Salón Teatro para presentar o seu disco 'Sinecismo', gravado en directo neste escenario

Documento anexo[14/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este xoves día 16, ás 21.00 horas, o concerto no que o cantautor compostelán Xosé Constenla compartirá co público da súa cidade a publicación do disco ‘Sinecismo’, gravado en directo o pasado mes de xuño neste mesmo escenario.
O SALÓN TEATRO FORMA PARTE DESTE PROGRAMA DE DESCONTOS XUNTO AO TEATRO PRINCIPAL, ZONA C E SALA AGUSTÍN MAGÁN

Agadic e Concello de Santiago poñen en marcha o primeiro bono conxunto de teatro galego nos principais escenarios de Compostela

Documento anexo[13/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través da Axencia Galega das Indutrias Culturais (Agadic)- mailo Concello de Santiago colaboran na posta a disposición do público compostelán do primeiro bono de desconto que agrupa toda a oferta teatral galega de 2014 no Salón Teatro e no Teatro Principal, xunto coas propostas máis alternativas que acollen a Zona C e a Sala Agustín Magán. Coa creación deste Bono de Teatro Galego (e Portugués), ambas as entidades abren unha nova vía para favorecer o achegamento dos espectadores á carteleira teatral galego-portuguesa dos principais espazos escénicos da cidade, dentro da que durante este primeiro semestre se programan 28 espectáculos e máis de 80 representacións.
PRESENTARÁ EN DIRECTO OS TEMAS DE ‘ÉRASE UN SUEÑO’, O SEU DISCO DE DEBUT

A cantautora asturiana Paula Rojo inaugura este sábado no Salón Teatro o ciclo Íntimo & Acústico

Documento anexo[09/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das sedes da nova edición do ciclo Íntimo & Acústico, que dá comezo neste escenario compostelán o sábado día 11 co concerto que a cantautora asturiana Paula Rojo ofrecerá ás 20.30 horas.
O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 10 DE XANEIRO, ÁS 20.30 H

O sexteto Tempo Catro presenta en directo no Salón Teatro o disco no que pon música a Rosalía

Documento anexo[08/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, un concerto no que o sexteto Tempo Catro presentará en directo os temas incluídos en ‘Os ollos que falan. Rosalía de Castro’, traballo discográfico no que pon música a once poemas de ‘Cantares gallegos’.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 | 92 | 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal