Novas
O TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO ACOLLE O 25 E 26 DE OUTUBRO DÚAS FUNCIÓNS DE "GIL VICENTE NA HORTA"
[21/10/2013] A compañía do Teatro Nacional Dona María II (TNDM) de Lisboa visitará Galicia por vez primeira para presentar os vindeiros días 25 e 26 de outubro en Santiago de Compostela o espectáculo
Gil Vicente na horta, dentro do plano de colaboración aberto coa Consellería de Cultura e Educación para a relación entre os teatros públicos de Galicia e Portugal e para afondar na promoción da lusofonía desde o ámbito da escena.
A SEDE DO CDG ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA AS ÚLTIMAS DÚAS FUNCIÓNS DO ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR ‘TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL’, COPRODUCIDO CON TEATRO DO NOROESTE
[19/10/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana as últimas dúas funcións en Santiago do espectáculo para público familiar
Touporroutou da lúa e do sol, coproducido por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño, para dar paso a continuación a unha ampla carteleira de teatro, música e audiovisual. Esta nova programación estenderase ata finais do mes de decembro con máis de 50 xornadas de actividades abertas ao público.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN PRESENCIOU A COPRODUCIÓN REALIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E TEATRO DO NOROESTE NO SALÓN TEATRO
[18/10/2013] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu hoxe a representación da obra
Touporroutou da lúa e do sol no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, interpretada por Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, e que permanecerá en cartel na capital galega ata este domingo para, posteriormente, comezar unha xira por diferentes escenarios galegos e portugueses.
SERÁ ESTE DOMINGO DÍA 13 NO PAZO DA CULTURA ÁS 21:00H
[11/10/2013] O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo estreará este domingo día 13 o espectáculo
Symon Pédícrí, do galego Diego Anido, proxecto apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través dunha residencia artística desenvolvida no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do proceso creativo desta proposta escénica.
CDG E TEATRO DO NOROESTE COPRODUCEN ESTA MONTAXE, CON DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO A PARTIR DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO
[07/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá a campaña escolar arredor do espectáculo
Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que durante a súa estadía no Salón Teatro de Santiago congregará máis de 1.300 alumnos de 20 centros educativos de toda Galicia. Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) coproducen esta montaxe, dirixida por Eduardo Alonso, a través da que afondan na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
| 95 |
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes