AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

NO MARCO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS

'Continente María', coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Concello da Coruña sobre María Casares, estréase mañá no Teatro Rosalía Castro

[15/05/2022] A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña arredor da figura de María Casares, 'Continente María', estréase mañá na cidade herculina no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovida pola Xunta en colaboración coas administracións locais. A peza lévase a escena coa compañía A Quinta do Cuadrante e forma parte da axenda conmemorativa impulsada polo Goberno galego co gallo do centenario da actriz. A función inaugural terá lugar no Teatro Rosalía Castro ás 20,30 horas.


CON FUNCIÓNS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DO ALENTEJO E EN COÍMBRA

A produción do Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal

[09/05/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal, cunha función en Beja, no marco do Festival Internacional de Teatro do Alentejo, e outra en Coímbra. A xira portuguesa do espectáculo que leva a escena o texto de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, forma parte da aposta pola proxección internacional do teatro galego da unidade teatral da Xunta e polo reforzo da colaboración co país luso. Nesta liña, cómpre salientar tamén que o director do CDG, Fran Núñez, se despraza mañá a Viana do Castelo para presentarlle o sistema de teatro inclusivo a Teatro do Noroeste-Viana do Castelo, interesado na ferramenta.
ESTARÁ NO AUDITORIO BALDOMERO CORES DO 5 AO 8 DE MAIO

O Centro Dramático Galego inicia en Cee a xira do espectáculo 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'

[29/04/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a xira da súa última produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' a vindeira semana en Cee, segundo se anunciou hoxe nunha rolda de prensa celebrada nesa localidade e na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, a montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E O DIRECTOR DO EVENTO AVANZAN A PROGRAMACIÓN DE ARTES ESCÉNICAS GALEGAS QUE PRESENTARÁ A XUNTA

Galicia, comunidade convidada de honra no 45 Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro

[22/04/2022] Galicia será a comunidade autónoma convidada de honra na 45 edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro (Ciudad Real), segundo anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do evento, Ignacio García; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, e o presidente da asociación Escena Galega, Santiago Cortegoso.
OS CATRO CONCELLOS, ASÍ COMO A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA E O IES AUDIOVISUAL DE VIGO, SÚMANSE Á INICIATIVA PARA ACHEGARLLE O TEATRO Á CIDADANÍA DE TODO O TERRITORIO GALEGO

Veciñanza de Malpica, Miño, Rianxo e Sobrado verá 'Às oito da tarde, cando morren as nais' en Santiago co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego

[20/04/2022] Veciñanza de Malpica de Bergantiños, Miño, Rianxo e Sobrado desprazarase ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a última produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', a través do programa de mobilidade promovido pola unidade teatral da Xunta. A iniciativa, á que tamén se sumaron a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e o IES Audiovisual de Vigo, ten como obxectivo facilitarlle á cidadanía de todo o territorio galego o achegamento ao teatro e ao espazo escénico compostelán.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 | 11 | 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal