AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ABDUL, UN RAPAZ ETÍOPE DE NACEMENTO E GALEGO DE ADOPCIÓN, PROTAGONIZA O FILME DIRIXIDO POLO SEU PAI E RODADO DURANTE A SÚA VIAXE AO NORTE DE ETIOPÍA

O Salón Teatro acolle este xoves a estrea do documental "Shoots from Abyssinia" de Ovidio Fernández

Documento anexo[21/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 23, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a estrea da longametraxe documental Shoots from Abyssinia, dirixida por Ovidio Fernández. O seu fillo Abdul, etíope de nacemento e galego de adopción, protagoniza este filme, rodado no verán de 2010 durante a viaxe que realizaron ao norte de Etiopía co fin de reencontrarse co país africano e de achegarnos unha imaxe lonxe de estereotipos e de prexuízos.
A PRIMEIRA COMPAÑÍA TEATRAL DE INVIDENTES CREADA EN GALICIA ACTÚA ESTE MÉRCORES NA SEDE DO CDG, QUE CEDE O SEU ESCENARIO A UN TOTAL DE CINCO PROPOSTAS INTEGRADORAS E SOLIDARIAS

O grupo de teatro da ONCE Valacar representa a súa versión do clásico de Molière 'O médico á forza' dentro da nova carteleira do Salón Teatro

Documento anexo[20/05/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este mércores 22, ás 20.30 horas, a representación da versión do clásico de Molière O médico á forza a cargo de Valacar, grupo galego de teatro da ONCE (Organización Nacional de Ciegos Españoles). Esta actuación insírese na nova programación que o espazo compostelán desenvolve ata finais de xuño, dentro da que terán lugar outras 17 citas co teatro, a música e o audiovisual galegos.
MARTA PAZOS DIRIXE A ANABELL GAGO, LORENA CONDE E CHELO DO REJO NESTE ESPECTÁCULO, QUE SE REPRESENTA O DOMINGO 19 DE MAIO, ÁS 18.00, E O LUNS 20 E O MARTES 21, ÁS 20.30

O Salón Teatro ofrece tres funcións de "C'est la vie", primeira produción da compañía galega Matrioshka

Documento anexo[15/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece no Salón Teatro a presentación en Santiago de Ces’t la vie, espectáculo de debut da nova compañía teatral galega Matrioshka, que acaban de poñer en marcha as actrices Anabell Gago e Lorena Conde. A súa primeira proposta é unha creación colectiva, que elas mesmas interpretan xunto a Chelo do Rejo e para a que contaron, ademais, con Marta Pazos na dirección de escena e na dramaturxia.
O CDG HOMENAXEA O AUTOR AO QUE SE LLE DEDICA O 17 DE MAIO RECUPERANDO PARA AS TÁBOAS UN DOS TEXTOS QUE MELLOR RESUME O SEU UNIVERSO TEATRAL

O Centro Dramático Galego leva á Coruña no Día das Letras a súa produción "Días sen gloria", a partir da obra de Roberto Vidal Bolaño

Documento anexo[13/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta este venres, Día das Letras Galegas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña a produción do Centro Dramático Galego (CDG) Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño. A galega Fefa Noia dirixe esta adaptación dunha das obras que mellor resume o universo bolañano e que regresa aos escenarios como proposta escénica central da programación coa que a Consellería rende homenaxe ao dramaturgo compostelán, ao que se lle dedica o 17 de maio.
A ACTUACIÓN, DE ENTRADA GRATUÍTA, DARÁ COMEZO ÁS 20.30 HORAS E NELA SOARÁN OS TEMAS DO SEU ÚLTIMO TRABALLO, ‘AXUDÁDEME A CANTAR’

O Salón Teatro acolle mañá o concerto de presentación do novo disco do grupo de música tradicional Os Melidaos

Documento anexo[10/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve durante este mes no Salón Teatro unha variada carteleira de música, teatro e cinema de produción galega, no marco da que mañá sábado, ás 20.30 horas, actuará o grupo de música tradicional Os Melidaos. No concerto, de entrada libre ata completar a capacidade, soarán os temas do seu novo traballo discográfico, Axudádeme a cantar, no que por vez primeira incorporan as voces dos propios músicos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 | 101 | 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal