Novas
A MONTAXE CONTA CO PATROCINIO DA AGADIC E A COLABORACIÓN DO CDG NA CESIÓN DO SEU ESCENARIO COMPOSTELÁN, ONDE SE DESENVOLVEN OS ENSAIOS DESDE O PASADO MES DE AGOSTO
[20/09/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este mércores 21 de setembro ás 21.00 horas a función de estrea de
O florido pénsil, o novo espectáculo da compañía galega Eme2 que interpretan os actores Xosé Manuel Olveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra, baixo a dirección escénica de Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina esta adaptación ao galego do popular texto de Andrés Sopeña, que conta tamén coa colaboración do Centro Dramático Galego (CDG) na cesión do seu teatro, onde se desenvolverán outras catro representacións da montaxe: do xoves 22 ao sábado 24 ás 20.30 horas e o domingo 25 ás 18.00 h.
A VERSIÓN GALEGA DO CLÁSICO DE BRECHT E WEILL ESGOTOU AS ENTRADAS PARA OS DÍAS 17 E 18 NO SEU REGRESO A GALICIA TRAS UNHA EXITOSA XIRA EXTERIOR
[16/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma esta fin de semana na Coruña a xira galega do seu espectáculo musical
A ópera dos tres reás, que escenifica no Teatro Colón o sábado 17 e o domingo 18, ás 20.30 horas, con todas as localidades esgotadas desde hai días. O público coruñés súmase así aos máis de 15.000 espectadores que congregou ata o momento esta versión galega do clásico de Bertolt Brech e Kurt Weill, cifra que -segundo explicou hoxe o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos F. Fasero- a sitúa xa entre as producións con maior éxito de público na historia da compañía da Consellería de Cultura e Turismo.
O MUSICAL REPRESÉNTASE ENTRE MAÑÁ E O DOMINGO NA CAPITAL ARAGONESA ANTES DE REGRESAR A GALICIA CON FUNCIÓNS NA CORUÑA, VIGO, OURENSE E NARÓN
[08/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá en Zaragoza co seu espectáculo musical 'A ópera dos tres reás', que abre a temporada do Teatro Principal da capital aragonesa antes de regresar a Galicia para finalizar a súa xira. Coas tres funcións que ofrecerá esta fin de semana, a compañía pública galega completará, ademais, a ampla distribución exterior desta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que xa escenificou en Madrid, Las Palmas, Salamanca e Pamplona.
PAMPLONA E ZARAGOZA SERÁN AS PRÓXIMAS PARADAS DO MUSICAL DO CDG, QUE REGRESARÁ A GALICIA A PARTIR DO DÍA 17 CON REPRESENTACIÓNS NA CORUÑA, VIGO, OURENSE E NARÓN
[01/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma esta semana a xira do espectáculo musical
A ópera dos tres reás, co que se presenta mañá venres día 2 e o sábado día 3 no Teatro Liceo de Salamanca. A compañía pública galega viaxará a continuación a Pamplona e Zaragoza para ofrecer outras cinco funcións desta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e un extenso elenco de actores e músicos encabezado por Luis Tosar.
A COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA ACTÚA MAÑÁ E O VENRES NUN GRAN ESCENARIO AO AIRE LIBRE CON CAPACIDADE PARA UNS 1.500 ESPECTADORES
[10/08/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) clausura esta semana o 15º Festival Internacional de Teatro, Música y Danza das Palmas co seu espectáculo musical
A ópera dos tres reás, na que é a primeira presentación da compañía pública galega nas Illas Canarias. Un gran escenario ao aire libre, con capacidade para uns 1.500 espectadores, acollerá mañá xoves 11 e o venres 12 dúas funcións desta versión do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e un extenso elenco de actores e músicos encabezado por Luis Tosar.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
| 102 |
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
| Seguintes