AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE DA OBRA DE OSCAR WILDE DIRIXIDA POR CARLOS SANTIAGO EXHIBIRASE NO CENTRO CULTURAL VILA FLOR DE GIMARÃES, NO TEATRO ACERT DE TONDELA E NO THEATRO-CIRCO DE BRAGA

O Centro Dramático Galego leva o espectáculo "Salomé" a tres escenarios portugueses en réxime de intercambio

Documento anexo[20/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia esta fin de semana o ciclo de distribución en Portugal do seu espectáculo Salomé como froito dun acordo de intercambio entre a compañía pública galega e tres emblemáticas agrupacións do país veciño. Así, a montaxe dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde exhibirase este mes de xaneiro no Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (sábado 22 ás 22.00 horas), no Teatro Acert de Tondela (mércores 26 ás 21.45 horas) e no Theatro-Circo de Braga (venres 28 e sábado 29 ás 21.30 horas).
TEATRO DO ATLÁNTICO CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO COA MONTAXE DESTE TEXTO DE ROBERTO SALGUEIRO BAIXO A DIRECCIÓN DE XÚLIO LAGO

María Barcala e Lucía Regueiro representan no Salón Teatro catro funcións de "Memoria de Helena e María"

Documento anexo[18/01/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana o último espectáculo de Teatro do Atlántico, Memoria de Helena e María, realizado a partir do texto de Roberto Salgueiro galardoado co Premio Abrente de Teatro 2006 e co que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dramaturxia e dirección escénica de Xúlio Lago, Lucía Regueiro e María Barcala protagonizan esta tráxica historia de dúas mulleres marcadas polo horror da Guerra Civil española, que poderá verse o xoves 20, o venres 21 e o sábado 22 ás 20.30 h, así como o domingo 23 ás 18.00 h.
A ACTUACIÓN TERÁ LUGAR O MARTES 18, ÁS 21.30 HORAS, DENTRO DO CICLO ST MÚSICA PRESENTE

O Salón Teatro acolle o concerto de presentación de "Zigurat", novo traballo discográfico de Abe Rábade Trío

Documento anexo[14/01/2011] O Salón Teatro de Santiago abre unha nova entrega do ciclo ST Música Presente co concerto que o trío do pianista Abe Rábade, acompañado da súa sección rítmica habitual, ofrecerá o vindeiro martes día 18 ás 21.30 horas. Xunto ao portugués Bruno Pedroso á batería e ao contrabaixista vasco Pablo Martín, o jazzista compostelán presentará o seu último traballo discográfico, Zigurat, ademais de repasar o mellor do seu repertorio para trío.
OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS MAÑÁ VENRES 14 E O SÁBADO 15 ÁS 20.30 HORAS

A Companhia de Teatro de Braga chega ao Salón Teatro de Santiago co monólogo sen texto "Concerto à la carte"

Documento anexo[13/01/2011] O Salón Teatro de Santiago recibe á Companhia de Teatro de Braga co espectáculo Concerto "à la carte", produción número cen da formación portuguesa que se representa mañá venres 14 e o sábado 15, ás 20.30 h, froito dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego. Con dirección de Rui Madeira a partir da obra do dramaturgo alemán Franz Xaver Kroetz, este "monólogo sen texto" aborda a soidade dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas.
O CONSELLEIRO DE CULTURA ANUNCIOU QUE OS ENSAIOS DESTA VERSIÓN DA OBRA DE BERTOLT BRECHT DARÁN COMEZO EN ABRIL PARA A SÚA ESTREA NO MES DE XUÑO

O Centro Dramático Galego producirá o musical "A ópera dos tres reás" baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista

Documento anexo[12/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) levará ás táboas en xuño A ópera dos tres reás, a partir da famosa obra de Bertolt Brecht, para o que contará con Quico Cadaval na dirección escénica e co actor Luis Tosar no papel protagonista. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou hoxe a que será a segunda produción propia da compañía pública para a temporada 2010-2011, un espectáculo de gran formato que materializa a aposta da directora do CDG, Blanca Cendán, polo teatro musical.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 | 107 | 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal