Novas
O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLE OS DÍAS 4 E 5 AS ÚNICAS REPRESENTACIÓNS EN GALICIA DE ‘NUNCA ESTIVE EM BAGDAD’, DEFINIDA POLO SEU AUTOR COMO UNHA "HISTORIA DE AMOR EN TEMPOS DE GUERRA"
[02/12/2012] O Salón Teatro de Santiago, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, recibe este martes a compañía portuguesa A Escola da Noite, que ofrecerá aquí as dúas únicas funcións en Galicia do seu espectáculo
Nunca estive em Bagdad. Realizado a partir da obra de Abel Neves, un dos nomes máis relevantes da dramaturxia portuguesa contemporánea, represéntase neste escenario compostelán os días 4 e 5, ás 20.30 horas.
A INICIATIVA FOI PRESENTADA HOXE NA CIDADE DA CULTURA DENTRO DO III ENCONTRO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE INTERCAMBIO NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS
[01/12/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no proxecto internacional de teatro P-STAGE mediante a incorporación como socio do Centro Dramático Galego (CDG) a esta iniciativa de formación, circulación e exhibición escénica realizada entre distintas entidades e institucións de países de lingua portuguesa.
O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA EN FUNCIÓNS INAUGUROU HOXE ESTE EVENTO, QUE SE CELEBRA ATA O DOMINGO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
[30/11/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas; un evento que sinalou como unha oportunidade "de achegamento entre dous territorios curmáns, cunha historia e un patrimonio cultural común, que permitirá estreitar os xa de por si estreitos lazos entre Galicia e Portugal, e así avanzar nun diálogo á procura do benestar común". A Cidade da Cultura de Galicia acolle desde hoxe ata o vindeiro domingo este encontro, no que un centenar de profesionais das artes escénicas de Galicia e de 8 países lusófonos intercambiarán experiencias e estreitarán lazos para poñeren en marcha novos proxectos culturais.
O TEATRO ROSALÍA DE CASTRO OFRECE DÚAS FUNCIÓNS DESTA PRIMEIRA VERSIÓN GALEGA DA OBRA DE DUSAN KOVACEVIC, QUE TERÁN LUGAR O MARTES 4 E O MÉRCORES 5 ÁS 20.30 HORAS
[29/11/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase a semana que vén na Coruña para ofrecer no Teatro Rosalía de Castro dúas funcións do seu último espectáculo,
O profesional, de Dusan Kovacevic. Con dirección escénica de Manuel Guede Oliva, esta primeira versión galega e en galego da obra do autor serbio escenifícase o martes 4 e o mércores 5 de decembro, ás 20.30 horas.
ESCENIFICARASE O SÁBADO DÍA 1 ÁS 20.30 H E O DOMINGO 2 ÁS 18.00 H COMO PARTE DA PROGRAMACIÓN DO III ENCONTRO INTERNACIONAL DE POLÍTICAS DE INTERCAMBIO NO ÁMBITO DAS ARTES ESCÉNICAS
[29/11/2012] O Salón Teatro de Santiago, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece esta fin de semana a posta en escena do espectáculo de debut da compañía da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática),
A tempestade, de William Skakespeare. A súa representación está incluída na programación complementaria do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que o conselleiro en funcións Xesús Vázquez Abad inaugura mañá na Cidade da Cultura.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
| 109 |
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes