Novas
A ACTUAL EDICIÓN, CON 51 ORIXINAIS RECIBIDOS, CONVÉRTESE NA MÁIS CONCORRIDA EN TODA A HISTORIA DO CERTAME
[23/01/2012] O actor e director Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG) co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O certame pechou o pasado día 15 de xaneiro o prazo de presentación de traballos cun total de 51 orixinais recibidos, cifra que converte esta edición na máis concorrida da súa historia.
OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS QUE TERÁN LUGAR ESTE VENRES 20 E O SÁBADO 21, ÁS 20.30 HORAS
[18/01/2012] A compañía Teatro Galileo pon en escena este venres 20 e o sábado 21, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, dúas funcións de
Sempre quixen bailar un tango, a obra coa que Teresa González Costa gañou a edición de 2008 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Baixo a dirección de Pedro Rubín, o espectáculo é unha traxicomedia que reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia.
O PASE, DE ACCESO LIBRE, É POSIBLE GRAZAS AO LABOR DA FUNDACIÓN VICENTE RISCO DE ALLARIZ
[13/01/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle, este luns 16 ás 20.30 horas, a proxección con subtítulos en galego de
Pa Negre, a película de Agustí Villaronga baseada na novela homónima de Emili Teixidor, vencedora dos Premios Goya 2011 e candidata española ao Oscar 2012 ao mellor filme de fala non inglesa. A entrada para asistir a esta proxección é de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde as 18.30 horas. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.
O ESPECTÁCULO REPRESÉNTASE O VENRES 13 ÁS 21.00 HORAS E O SÁBADO 14 ÁS 20.30 H
[11/01/2012] O Salón Teatro de Santiago inaugura a súa programación de 2012 coa estrea este venres do novo espectáculo da compañía galega Voadora,
Tokio3, unha fábula musical sobre o paraíso futuro que supón a última entrega da triloxía Lugares comúns. A montaxe, que poderá verse o venres 13 ás 21.00 horas e o sábado 14 ás 20.30 horas, combina teatro, música en vivo e danza para falar sobre a esperanza e a realidade. A carteleira bimestral do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) acollerá, a continuación, outras catro propostas de teatro, unha de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema.
O ESPAZO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PREVÉ 16 DÍAS DE APERTURA AO PÚBLICO E DIFERENTES ACTIVIDADES DE RESIDENCIA ARTÍSTICA DE CARÁCTER INTERNO
[02/01/2012] O Salón Teatro de Santiago comeza a vindeira semana a súa programación para 2012 cunha carteleira bimestral que inclúe cinco espectáculos de teatro, un de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iniciará coa estrea do último espectáculo da compañía galega Voadora este primeiro período de actividade anual, durante o que computará un total de 16 xornadas con funcións dirixidas ao público.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
| 112 |
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes