AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVÓLVESE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO

Cinco compañías galegas protagonizan o peche da programación anual do Salón Teatro coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal

Documento anexo[23/12/2011] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2011 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro de actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os espectadores máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta undécima edición participan os grupos galegos Teatro del Andamio, coa montaxe Area e Auga; Artello Teatro alla Scala 1:5, con Cinderela Mix; Teatro do Morcego, con O Gato Manchado e a Andoriña Siñá; Fantoches Baj, con Fábula Galénica; e Teatro do Noroeste, con Piratas.
A AGADIC PATROCINA ESTE GALARDÓN, QUE TEN UNHA DOTACIÓN DE 6.000 EUROS PARA DÚAS MODALIDADES

CDG e Radio Galega organizan a sexta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico

Documento anexo[19/12/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega puxeron en marcha a sexta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico coa apertura ata o próximo 15 de xaneiro de 2012 do prazo de recepción de orixinais. O galardón, que conta co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, continúa así a súa traxectoria a prol da recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva actual.
AS ENTRADAS PARA AS DÚAS REPRESENTACIÓNS SON DE BALDE, PREVIO PASO POLO DESPACHO DE BILLETES

O teatro universitario ocupa o Salón Teatro coas últimas montaxes dos Sigillatos Galaicos e da Aula de Teatro da USC

Documento anexo[16/12/2011] As compañías de teatro universitario Os Sigillatos Galaicos e a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupan o Salón Teatro este luns día 19 e o martes 20, respectivamente, para presentar as súas novas propostas escénicas. As entradas para asistir a estas dúas representacións son de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde dúas horas antes do comezo de cada función. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.


REALIZADA EN COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO DE ARAGÓN, ACADOU O PREMIO MAX 2010 AO MELLOR ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL

A compañía aragonesa El Gato Negro ofrece no Salón Teatro dúas funcións da montaxe "Cabaré de caricia y puntapié"

Documento anexo[14/12/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves 15 e o venres 16 ás 20.30 horas a posta en escena de Cabaré de caricia y puntapié, unha montaxe da compañía El Gato Negro en coprodución co Centro Dramático de Aragón (CDA), que poderá verse no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) dentro dun acordo de colaboración que manteñen as dúas compañías públicas. Dirixido por Alberto Castrillo-Ferrer e interpretado por Carmen Barrantes e Jorge Usón, a obra chega a Galicia tras a súa representación en diversas cidades españolas, así como en Bos Aires, e despois de acadar en 2010 o Premio Max ao mellor espectáculo de teatro musical.
A ACTUACIÓN É HOXE ÁS 21:00 HORAS NO SALÓN TEATRO COMO ÚLTIMA ENTREGA DO CICLO "ST MÚSICA PRESENTE"

O trío Vaamonde, Lamas e Romero presenta o concerto do seu último disco "O Tambor de Prata" como un espectáculo total

Documento anexo[13/12/2011] O trío Vaamonde, Lamas & Romero presentou hoxe en Santiago o concerto sobre o seu último traballo discográfico, O tambor de prata, como un "espectáculo total", xa que ademais da música están presentes outros elementos interpretativos e escenográficos que fan que cada actuación sexa un "divertimento no escenario". Os tres instrumentistas protagonizaron este mediodía un adianto da actuación que terá lugar esta noite no Salón Teatro ás 21:00 horas, coa que se pecha ademais o ciclo promocional "ST Música Presente" organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 | 114 | 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal