Novas
O TRÍO GALEGO ADIANTARÁ PARA A PRENSA ALGÚNS TEMAS DO SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO ÁS 12.30 DO MEDIODÍA NO AMBIGÚ; E ACTUARÁ SOBRE O ESCENARIO ÁS 21.00 HORAS
[12/12/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá martes día 13 o concerto de presentación do novo traballo discográfico de Vaamonde, Lamas & Romero,
O tambor de prata, co que o autodenominado "trío máis retranqueiro da música galega" ofrece un repertorio composto exclusivamente por temas dunha formación única da historia de Galicia, como foron Os Trintas de Trives. Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero foron seleccionados polo programa "ST Música Presente" para amosar a súa nova proposta musical dentro deste ciclo que organiza a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo.
REPRESÉNTASE DO XOVES 1 AO SÁBADO 3 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 4, ÁS 18.00 H
[29/11/2011] O Centro Andaluz de Teatro (CAT) chega esta semana a Galicia con
La noche de Max Estrella, espectáculo producido en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG) que subirá ao escenario do Salón Teatro de Santiago do xoves 1 ao domingo 4 de decembro. Francisco Ortuño dirixe esta proposta realizada a partir dunha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán, e interpretada en solitario por Carlos Álvarez-Nóvoa no papel de Max Estrella.
O ESPECTÁCULO DO DÚO QUE INTEGRAN PAULINA FUNES E CRISTINA BALBOA PODERÁ VERSE O VENRES 25 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS
[23/11/2011] A nova compañía galega Funboa Escénica porá sobre as táboas do Salón Teatro de Santiago este venres 25 de novembro ás 20.30 horas a súa primeira produción, que leva por título
Oiseau Rebelle. Creada, dirixida e interpretada polo dúo que compoñen Cristina Balboa e Paulina Funes, o espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) continúa coa súa programación e ofrece desta volta unha montaxe de teatro-danza verbal, plástico e sonoro, que dialoga acerca do imaxinario amoroso e desamoroso.
O CANTANTE, GUITARRISTA E COMPOSITOR VIGUÉS PRESENTARÁ ÁS 21.00 HORAS OS TEMAS DE "ENTRETELAS", O SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO EN SOLITARIO
[22/11/2011] O cantante, guitarrista e compositor vigués Fon Román actúa este xoves 24, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas do seu segundo disco en solitario,
Entretelas, que o ex compoñente de Los Piratas edita baixo o seu propio selo discográfico, Pequeñas Iluminaciones. O concerto insírese no ciclo "ST Música Presente", que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a promoción das novidades discográficas galegas.
O ESCENARIO, QUE RETOMA A SÚA ACTIVIDADE DESPOIS DE ACOLLER A CINEUROPA, PECHARÁ 2011 COA MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE NADAL
[17/11/2011] A carteleira do Salón Teatro de Santiago dará cabida ata finais de 2011 a un total de 15 actuacións escénicas e musicais, cifra que inclúe 13 funcións de teatro desenvolvidas por 9 formacións artísticas e 2 concertos inseridos dentro do ciclo "ST Música Presente". O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) retomará cun recital a cargo de Fon Román (o xoves 24 ás 21:00 horas) a súa programación propia, despois de ter dedicado os últimos dez días á exhibición de 26 películas como unha das sedes do Festival Cineuropa.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
| 115 |
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes