Novas
A PRESENTACIÓN EN DIRECTO DE "SARAHYBA", CUARTO TRABALLO DISCOGRÁFICO DOS MARINENSES, SERÁ ESTE XOVES 22 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS
[20/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o ciclo de concertos "ST Música Presente 2012" que se abre este xoves, día 22, no Salón Teatro de Santiago co folk galego do grupo Liorna. Con esta acción a Consellería, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), promove a difusión dos traballos discográficos galegos de todos os estilos. A banda de Marín presentará a partir das 21:00 horas os temas do seu novo álbum,
Sarahyba, que segue na liña folk habitual, baseada na tradición galega aínda que con pinceladas actuais.
INTERPRETAN A MONTAXE OS ACTORES ROCÍO GONZÁLEZ E SALVADOR DEL RÍO E OS BAILARÍNS ARMANDO MARTÉN E ANA BEATRIZ PÉREZ
[14/03/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana tres funcións de
0,7% Molotov, a última produción da compañía Teatro de Ningures, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. A peza, que lle valeu ao dramaturgo pontevedrés o Premio Rafael Dieste de Escrita Dramática e pola que figura como finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autor Teatral en Galego e aos María Casares como Mellor Texto Orixinal, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 16 e sábado 17 ás 20.30 horas; así como o domingo 18 ás 18.00 horas.
OS ENSAIOS DO ESPECTÁCULO DARÁN COMEZO EN XULLO CARA Á SÚA ESTREA O 7 DE SETEMBRO NA SEDE DA COMPAÑÍA PÚBLICA, ONDE PERMANECERÁ DOUS MESES EN CARTEL
[08/03/2012] O Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 7 de setembro no Salón Teatro de Santiago a súa próxima produción,
As furias, que ofrecerá catro textos do norteamericano Neil LaBute baixo a dirección escénica de Andrés Lima, recoñecido como un dos principais renovadores da actual escena española polo seu traballo xunto á compañía Animalario. No mes de xullo darán comezo os ensaios deste novo espectáculo, para o que se seleccionará un elenco de sete actores e actrices, segundo confirmou Blanca Cendán, directora da compañía dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
A PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA OPTA AOS GALARDÓNS EN SETE CATEGORÍAS: MELLORES ACTOR E ACTRIZ SECUNDARIOS, ESCENOGRAFÍA, ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN, ILUMINACIÓN, VESTIARIO E MAQUILLAXE
[01/03/2012] O espectáculo
A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG) acadou un total de oito candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2012 que convoca e outorga cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A produción da compañía pública, que foi vista entre xuño e outubro de 2011 por 20.000 espectadores, resultou finalista en sete das trece categorías a concurso destes galardóns: mellores actor e actriz secundarios, escenografía, adaptación ou tradución, iluminación, vestiario e maquillaxe.
A OBRA DA COMPAÑÍA MADRILEÑA LA TRISTURA, CANDIDATA AOS PREMIOS MAX 2012 COMO MELLOR ESPECTÁCULO REVELACIÓN, PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O VENRES 9 DE MARZO
[29/02/2012] O Salón Teatro de Santiago acollerá o vindeiro 9 de marzo ás 20:30 horas unha única función de
Materia Prima, montaxe da compañía madrileña La Tristura que ten a particularidade de ser interpretada por nenos de 10 anos pese a estar dirixida a un público adulto. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iniciará coa posta en escena deste espectáculo, que visita Galicia en virtude da colaboración emprendida entre o CDG e o Festival ALT de Vigo, un novo período de actividade no que exhibirá ata finais de xuño sete obras de teatro, dúas pezas de danza e seis concertos, ademais de acoller outras actividades formativas e artísticas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
| 117 |
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
| Seguintes