AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CREADA, DIRIXIDA E INTERPRETADA POR KIRENIA MARTÍNEZ E BEATRIZ PÉREZ, ESTA COREOGRAFÍA SUBIRÁ AO ESCENARIO COMPOSTELÁN O VENRES 4 E O SÁBADO 5, ÁS 20.30 HORAS

Cultura e Educación programa no Salón Teatro dúas funcións da peza "Blondy’s Coffee" da compañía de danza Entremans

Documento anexo[02/05/2012] A programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o mes de maio no Salón Teatro dá comezo esta semana coa posta en escena da última coreografía da compañía galega Entremans, Blondy’s Coffee, creada, dirixida e interpretada por Kirenia Martínez e Beatriz Pérez. A peza, que poderá verse en Santiago este venres 4 de maio e o sábado 5 ás 20.30 horas, reflicte o mundo absurdo que crean dúas mulleres durante o descanso para o café.
TEATRO, MÚSICA E CINE MESTÚRANSE NESTE ESPECTÁCULO, DO QUE SE OFRECEN DÚAS FUNCIÓNS DE ESTREA O SÁBADO 28, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 29, ÁS 18.00

A Consellería de Cultura e Educación presenta no Salón Teatro o debut do Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira con "Sesión Nº 1"

Documento anexo[26/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago o debut escénico da compañía O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, con dúas funcións de estrea do seu espectáculo Sesión Nº 1 que terán lugar o sábado 28 ás 20.30 horas e o domingo 29 ás 18.00 horas.
A VIOLINISTA BEGOÑA RIOBÓ PRESENTA ESTE XOVES EN SANTIAGO O DISCO DE DEBUT DO SEU PROXECTO MUSICAL, NO QUE CONVIVEN AS RAÍCES CULTURAIS MÁIS PURAS CON FÓRMULAS ACTUAIS

O Salón Teatro acolle o concerto de Riobó dentro do ciclo "ST Música Presente" que organiza a Consellería de Cultura e Educación

Documento anexo[24/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo de concertos "ST Música Presente", dentro do que este xoves 26 de abril, ás 21.00 horas, actúa o grupo galego de folk Riobó para presentar os temas do seu debut discográfico homónimo, editado polo selo Zouma Records.
XESÚS VÁZQUEZ ABAD GABOU A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL E ASEGUROU QUE TERÁ A TAREFA DE "IDEAR UNHA PROGRAMACIÓN ESCÉNICA DE CALIDADE, PLURAL E PARA TODOS OS PÚBLICOS"

O Conselleiro de Cultura e Educación presenta a Manuel Guede Oliva como novo director do CDG

[19/04/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe a Manuel Guede Oliva como novo director do Centro Dramático Galego. O conselleiro asegurou que o novo director é "unha persoa do teatro galego, un profesional reputado das artes escénicas e un experto xestor cultural".
QUICO CADAVAL DIRIXE ESTA PEZA DE TEATRO DE MARTIN MCDONAGH PROTAGONIZADA POR EVARISTO CALVO, VÍCTOR MOSQUEIRA, MARÍA LADO E MARCOS CORREA

Cultura e Educación presenta no Salón Teatro tres funcións de "Oeste solitario" a cargo de Producións Teatráis Excéntricas

Documento anexo[19/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións de Oeste Solitario, a última creación da compañía Producións Teatráis Excéntricas, que conta coa dirección escénica de Quico Cadaval. A peza, gañadora de tres premios María Casares 2012 e finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Espectáculo Revelación, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 20 e sábado 21 ás 20.30 horas; así como o domingo 22 ás 18.00 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 | 118 | 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal