Novas
A MONTAXE ESTARÁ DÚAS SEMANAS NO TEATRO FERNÁN GÓMEZ, ONDE INICIA A XIRA NACIONAL E ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁ
[19/07/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no Teatro Fernán Gómez de Madrid o primeiro gran espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), ‘A ópera dos tres reás’, producida co patrocinio de Novacaixagalicia, Fundación Cidade da Cultura e Fundación Gaiás-Cidade da Cultura e inserida nas programacións do Ano da Música e de Galicia Classics. O conselleiro destacou na súa intervención como ‘A ópera dos tres reás’, que conta con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como protagonista, "é, sen dúbida, unha aposta importante para a cultura galega e exemplifica o bo traballo que se fixo nas artes escénicas da nosa Comunidade nos últimos anos".
REPRESÉNTASE MAÑÁ VENRES 8 E O SÁBADO 9, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO SOCIAL NOVACAIXAGALICIA DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL RÍAS BAIXAS
[07/07/2011] A ópera dos tres reás, primeiro espectáculo musical de gran formato producido polo Centro Dramático Galego (CDG), represéntase mañá venres 8 e o sábado 9 ás 20.30 horas en Pontevedra como parte da programación que o Festival Internacional Rías Baixas (Festibaixas) desenvolve no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia. Quico Cadaval, na dirección escénica, e Diego García Rodríguez, na musical, asinan a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que interpreta un extenso elenco de 20 actores e músicos encabezado por Luis Tosar.
O TEATRO JOFRE ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS O SÁBADO 2 ÁS 22.00 HORAS E O DOMINGO 3 ÁS 20.30, TRAS UNHA EXITOSA ESTREA EN SANTIAGO QUE CONGREGOU 4.000 PERSOAS EN CATRO DÍAS
[30/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia esta fin de semana en Ferrol a xira de
A ópera dos tres reás, primeiro gran espectáculo musical da compañía pública, que sube ás táboas da man de Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e con Luis Tosar no papel protagonista. Tanto o seu extenso elenco, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións, como a súa ampla distribución dentro e fóra de Galicia, sitúan esta versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento pola compañía da Consellería de Cultura e Turismo.
TRAS ESGOTARSE A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA TODAS AS FUNCIÓNS, AS ÚLTIMAS LOCALIDADES DISPOÑIBLES PODERÁN ADQUIRIRSE A PARTIR DE MAÑÁ NO DESPACHO DE BILLETES
[23/06/2011] O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela encherase esta noite con motivo da estrea de
A ópera dos tres reás, espectáculo musical do Centro Dramático Galego (CDG) con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como actor protagonista. O espazo compostelán, co seu aforo dun milleiro de butacas completo, acollerá ás 21.00 horas esta primeira representación da versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, á que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, así como outros recoñecidos nomes da vida política e cultural galega.
QUICO CADAVAL DIRIXE A VERSIÓN GALEGA DO CLÁSICO DE BERTOLT BRECHT E KURT WEILL, QUE PROTAGONIZA LUIS TOSAR NO SEU REGRESO AO CDG DESPOIS DE 15 ANOS
[21/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 23 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo musical de gran formato,
A ópera dos tres reás, que sube ás táboas da man de Quico Cadaval na dirección escénica; Diego García Rodríguez na musical, e con Luis Tosar no papel protagonista. Tanto o seu extenso elenco, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións, como a ampla difusión que terá fóra de Galicia, sitúan esta versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento pola compañía da Consellería de Cultura e Turismo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
| 119 |
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes