Novas
INSERIDO NO PROGRAMA DA AGADIC "ST MÚSICA PRESENTE", O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO, ÁS 21.00 HORAS
[31/10/2011] ]O dúo Lobalú, integrado pola cantante Najla Shami e o guitarrista Héctor Lorenzo, protagoniza este mércores día 2 no Salón Teatro de Santiago unha nova cita do ciclo de concertos "ST Música Presente", que organiza a Agadic. Na súa actuación, que dará comezo ás 21.00 horas, soarán os temas do seu disco de debú,
Haikus, editado polo selo Inquedanzas Sonoras.
A ACTUACIÓN, QUE SERÁ MAÑÁ VENRES ÁS 20:30, ESTARÁ CONDUCIDA POR ANTÓN COUCHEIRO E ANTUAN DE LA CREME
[27/10/2011] A Asociación de Novo Circo e Cabaré Pistacinco presenta mañá venres 28, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, unha única función do seu particular
Cabaré de Circo, un espectáculo en formato cabaré no que unha ducia de polifacéticos artistas de novo circo desenvolverán unha sucesión de sete números que permitirá dar a coñecer ao público xeral un panorama das distintas liñas e propostas artísticas nas que traballan actualmente.
A ACTUACIÓN, DE ENTRADA GRATUÍTA, TERÁ LUGAR MAÑÁ MÉRCORES ÁS 21.00 H
[25/10/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá mércores 26 ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo
Claves líricas, no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música a 10 poemas de Valle-Inclán, en conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento. A entrada para asistir ao espectáculo é gratuíta previa recollida de localidades no despacho de billetes.
PRESENTARÁN EN DIRECTO O SEU ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO, "EJÉRCITO DE FANTASMAS"
[11/10/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre este venres día 14 cun concerto no Salón Teatro a cargo da banda The Blows a terceira parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará os temas do seu novo traballo,
Ejército de Fantasmas, co seu son característico de
riffs de guitarra, teclados e baterías rítmicas. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros tres directos protagonizados por Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).
ESTRÉASE O VENRES 14 NO TEATRO CENTRAL DE SEVILLA E VIRÁ AO SALÓN TEATRO NO MES DE DECEMBRO
[10/10/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co Centro Andaluz de Teatro (CAT) na obra
La noche de Max Estrella, que se estrea este venres 14 de outubro no Teatro Central de Sevilla. A colaboración entre as dúas compañías públicas materialízase mediante a participación dos galegos Isaac Garabatos e Pilar Millán como parte do equipo artístico desta proposta escénica e dramatúrxica de Francisco Ortuño, que toma como referencia unha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
| 121 |
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
| Seguintes