Novas
CELÉBRASE EN SANTIAGO DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 30, CON PROGRAMACIÓN MATINAL NA PRAZA DE CERVANTES E DE TARDE NO SALÓN TEATRO
[26/04/2011] Máis de 200 artistas danse cita dende hoxe en Santiago de Compostela para participar na primeira edición da Mostra de Danza de Galicia que, baixo a organización do Centro Coreográfico Galego (CCG), desenvolverá un intenso programa de exhibición ata o vindeiro sábado día 30. A actividade esténdese ao longo destas cinco xornadas con sesións matinais na praza de Cervantes e de tarde no Salón Teatro, ata completar un total de 37 actuacións a cargo de formacións galegas de moi diferentes estilos.
A INICIATIVA INSÍRESE NO PLANO DE FORMACIÓN DO CDG E ORGANÍZASE EN COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
[25/04/2011] A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Dramático Galego (CDG) organizan dous cursos de perfeccionamento de mimo impartidos por Thomas Leabhart, discípulo directo do fundador da mímica moderna, Etienne Decroux. Esta actividade docente, que se enmarca dentro do programa de formación continua para actores e actrices impulsado pola compañía pública, ten como finalidade proporcionar unha ampla introdución ao método Decroux mediante dous talleres intensivos sobre as bases fundacionais do mimo moderno.
ORGANIZADA POLO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO E NA PRAZA DE CERVANTES
[20/04/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza a I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolverá durante a próxima semana en Santiago de Compostela cunha carteleira artística de 37 compañías galegas de todos os estilos. O Salón Teatro e a praza de Cervantes serán os escenarios desta programación que se estenderá do martes 26 ao sábado 30 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Danza.
PABLO CASTAÑO, ANDREW MACNEILL, ADRIÁN VIÑAS ALONSO, PACO DICENTA, VADZIM YUKHNEVICH E DAVID RODRÍGUEZ RIAL FORON SELECCIONADOS ENTRE 23 ASPIRANTES
[18/04/2011] Pablo Castaño, Andrew Macneill, Adrián Viñas Alonso, Paco Dicenta, Vadzim Yuknevich e David Rodríguez Rial conforman o sexteto que porá a música en directo en
A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o vindeiro 23 de xuño baixo a dirección escénica de Quico Cadaval. Os seis foron seleccionados entre os 23 candidatos que participaron nas audicións convocadas pola compañía pública, durante as que tiveron que demostrar tanto o seu virtuosismo como a súa versatilidade, xa que en total interpretarán ata 17 instrumentos diferentes.
AS FUNCIÓNS DESTA OBRA, CUN TEXTO NOMINADO AOS PREMIOS MAX 2011, TERÁN LUGAR O SÁBADO 16 ÁS 20.30 H E DOMINGO 17 ÁS 18.00
[14/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 16 ás 20.30 horas e domingo 17 ás 18.00 horas- dúas funcións de
A filla de Woody Allen, a primeira obra da compañía de Santiago Cortegoso coa que o dramaturgo pontevedrés está nominado aos premios Max das Artes Escénicas 2011 na categoría de mellor autor teatral en galego. A actriz Marián Bañobre interpreta en solitario a unha ficticia filla galega do cineasta norteamericano, que emprende unha viaxe a Nova York na procura do seu pai, do que só sabe que toca o clarinete e lle envía agasallos de aniversario.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
| 122 |
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes