Novas
A PRESENTACIÓN DO SEU ÁLBUM DEBUT TERÁ LUGAR MAÑÁ MÉRCORES 13 ÁS 21.00 HORAS
[12/04/2011] A banda de jazz Xacobe Martínez Antelo Cuarteto protagoniza mañá mércores día 13 no Salón Teatro unha nova cita musical inserida dentro do ciclo de concertos ST Música Presente, posto en marcha pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de facilitar a promoción especial de discos galegos a través de recitais dirixidos preferentemente ao público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores. No caso da actuación de mañá, que dará comezo ás 21:00 horas, o grupo do compositor e contrabaixista compostelán presentará en directo os temas do seu primeiro traballo discográfico,
Jazz from Galiza!!, editado por Freecode.
DESENVOLVERANSE DÚAS FUNCIÓNS O LUNS 11 E O MARTES 12 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS
[09/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle o vindeiro luns día 11 e o martes 12, ás 20.30 horas, dúas funcións do último espectáculo do humorista Carlos Blanco,
Ordem e Progresso, a través do que expón a súa persoal visión do país brasileiro en clave de humor. Nesta ocasión, o polifacético actor está acompañado en escena polos músicos do Sergio Tannus Trío (Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva).
FAUSTO ISORNA É AUTOR DO DESEÑO E DAS ILUSTRACIÓNS, EN TANTO QUE PEPE SENDÓN ASINA OS TEXTOS DESTA OBRA, QUE SE INSIRE NA LIÑA DOS DENOMINADOS "LIBROS OBXECTO"
[08/04/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) abre coa publicación do título "Salomé, os sete veos", unha nova colección editorial que recollerá o testemuño gráfico e escrito dos espectáculos producidos pola compañía teatral pública desde unha perspectiva eminentemente conceptual e estética. A idea deste primeiro libro, que edita a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, partiu dos creadores Fausto Isorna, autor das ilustracións e do deseño gráfico, e de Pepe Sendón, quen asina os textos escritos expresamente para estas páxinas sobre a última montaxe estreada polo CDG,
Salomé.
RESULTARON FINALISTAS OS TEXTOS "COMO ELIMINAR AS MANCHAS DE VÓMITO", DE EVA FREIXEIRA, "CARNE DE CANÓN", DE REBECA MONTERO, E "SEÑORA CARME", DE MANUEL ROMÁN
[05/04/2011] O autor ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco, coa obra titulada
Paraísos, gañou o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, ao recibir por unanimidade o premio do xurado e sumar o maior número de votos emitidos polo público, o que lle valeu tamén o premio da audiencia. O galardón, que convoca anualmente a Radio Galega co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a colaboración do Centro Dramático Galego (CDG), seralle entregado o vindeiro 3 de maio dentro do espazo radioescénico que se desenvolverá no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
MÁIS DUNHA VINTENA DE ASPIRANTES PARTICIPAN NAS PROBAS DE SELECIÓN DOS SEIS MÚSICOS QUE INTERGRARÁN A ORQUESTRA DO ESPECTÁCULO
[04/04/2011] O equipo artístico e técnico que integra
A ópera dos tres reás, a produción musical de gran formato que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará en Santiago o próximo 23 de xuño, inicia hoxe luns día 4 de abril os ensaios actorais baixo a dirección de escena de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista. A compañía teatral pública materializa así un dos principais proxectos da súa directora, Blanca Cendán, que levará ao CDG a exhibir en escenarios galegos e de fóra de Galicia ata o vindeiro mes de outubro a súa versión sobre a obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
| 123 |
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes