AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

AS ENTRADAS PARA AS DÚAS REPRESENTACIÓNS SON DE BALDE, PREVIO PASO POLO DESPACHO DE BILLETES

O teatro universitario ocupa o Salón Teatro coas últimas montaxes dos Sigillatos Galaicos e da Aula de Teatro da USC

Documento anexo[16/12/2011] As compañías de teatro universitario Os Sigillatos Galaicos e a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupan o Salón Teatro este luns día 19 e o martes 20, respectivamente, para presentar as súas novas propostas escénicas. As entradas para asistir a estas dúas representacións son de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde dúas horas antes do comezo de cada función. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.


REALIZADA EN COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO DE ARAGÓN, ACADOU O PREMIO MAX 2010 AO MELLOR ESPECTÁCULO DE TEATRO MUSICAL

A compañía aragonesa El Gato Negro ofrece no Salón Teatro dúas funcións da montaxe "Cabaré de caricia y puntapié"

Documento anexo[14/12/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves 15 e o venres 16 ás 20.30 horas a posta en escena de Cabaré de caricia y puntapié, unha montaxe da compañía El Gato Negro en coprodución co Centro Dramático de Aragón (CDA), que poderá verse no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) dentro dun acordo de colaboración que manteñen as dúas compañías públicas. Dirixido por Alberto Castrillo-Ferrer e interpretado por Carmen Barrantes e Jorge Usón, a obra chega a Galicia tras a súa representación en diversas cidades españolas, así como en Bos Aires, e despois de acadar en 2010 o Premio Max ao mellor espectáculo de teatro musical.
A ACTUACIÓN É HOXE ÁS 21:00 HORAS NO SALÓN TEATRO COMO ÚLTIMA ENTREGA DO CICLO "ST MÚSICA PRESENTE"

O trío Vaamonde, Lamas e Romero presenta o concerto do seu último disco "O Tambor de Prata" como un espectáculo total

Documento anexo[13/12/2011] O trío Vaamonde, Lamas & Romero presentou hoxe en Santiago o concerto sobre o seu último traballo discográfico, O tambor de prata, como un "espectáculo total", xa que ademais da música están presentes outros elementos interpretativos e escenográficos que fan que cada actuación sexa un "divertimento no escenario". Os tres instrumentistas protagonizaron este mediodía un adianto da actuación que terá lugar esta noite no Salón Teatro ás 21:00 horas, coa que se pecha ademais o ciclo promocional "ST Música Presente" organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo.


O TRÍO GALEGO ADIANTARÁ PARA A PRENSA ALGÚNS TEMAS DO SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO ÁS 12.30 DO MEDIODÍA NO AMBIGÚ; E ACTUARÁ SOBRE O ESCENARIO ÁS 21.00 HORAS

Vaamonde, Lamas & Romero co seu disco "O tambor de prata" pechan mañá no Salón Teatro o III ciclo de concertos ST Música Presente

Documento anexo[12/12/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá martes día 13 o concerto de presentación do novo traballo discográfico de Vaamonde, Lamas & Romero, O tambor de prata, co que o autodenominado "trío máis retranqueiro da música galega" ofrece un repertorio composto exclusivamente por temas dunha formación única da historia de Galicia, como foron Os Trintas de Trives. Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero foron seleccionados polo programa "ST Música Presente" para amosar a súa nova proposta musical dentro deste ciclo que organiza a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo.
REPRESÉNTASE DO XOVES 1 AO SÁBADO 3 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 4, ÁS 18.00 H

O Centro Andaluz de Teatro ofrece no Salón Teatro catro funcións de "La noche de Max Estrella", en coprodución co CDG

Documento anexo[29/11/2011] O Centro Andaluz de Teatro (CAT) chega esta semana a Galicia con La noche de Max Estrella, espectáculo producido en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG) que subirá ao escenario do Salón Teatro de Santiago do xoves 1 ao domingo 4 de decembro. Francisco Ortuño dirixe esta proposta realizada a partir dunha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán, e interpretada en solitario por Carlos Álvarez-Nóvoa no papel de Max Estrella.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 | 124 | 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal