AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PISTACATRO DESENVOLVERÁ UN PASARRÚAS PROMOCIONAL SOBRE O ESPECTÁCULO QUE DIRIXE QUICO CADAVAL A PARTIR DO TEXTO DE MANUEL LOURENZO

"As dunas" represéntase o 17 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

Documento anexo[14/04/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 17 ás 21.00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
O ACTO ESTÁ ORGANIZADO POLA RADIO GALEGA E O CDG

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a entrega do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

[14/04/2009] O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle mañá mércores 15 de abril, a partir das 20.30 horas, un espazo radioescénico no que se entregará a terceira edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Os escritores Rubén Ruibal e César Candelas recollerán os galardóns da audiencia e do xurado, dotados cada un deles con 3.000 euros, pola obra Peter Buckley , título que concitou as dúas categorías do premio.


A MONTAXE DISTRIBUIRASE ATÉ O MES DE XUÑO EN TEATROS DO BARCO, A CORUÑA, VIGO, TUI, VILAGARCÍA, OURENSE, NARÓN, RIBADEO E FERROL

O Centro Dramático Galego inicia na localidade portuguesa de Vila Real a xira de "As dunas"

Documento anexo[07/04/2009] O CDG inicia mañá 8 de abril na localidade portuguesa de Vila Real o período de distribución da súa última montaxe, As dunas. A esta primeira función, que dará comezo ás 22.00 horas no auditorio pequeno do Teatro de Vila Real e dentro da programación do Festival Internacional de Teatro Vinte e Sete, seguirán unha serie de 15 representacións durante máis de dous meses nun total de 9 localidades galegas da rede Espazos CDG: O Barco de Valdeorras (17 de abril), A Coruña (24 e 25 de abril), Vigo (29 e 30 de abril), Tui (8 e 9 de maio), Vilagarcía (14 e 15 de maio), Ourense (22 e 23 de maio), Narón (29 e 30 de maio), Ribadeo (7 de xuño) e Ferrol (13 de xuño).
DAVID TIBET AND HIS APOCALYPTIC FOLK ARE TO SHARE STAGE WITH JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD AND ALEX NEILSON 16 AND 17 MAY. ADVANCED TICKETS ARE NOW ON SALE FOR BOTH CONCERTS

A special double concert by Current 93 is to top the extension of the Sinsal Festival in Santiago

Documento anexo[03/04/2009] The apocalyptic folk of Current 93, the interesting British band led by David Tibet, is to top the Salón Teatro Extension to the Sinsal Festival with a double bill of special concerts designed exclusively for Santiago. Both events, which are to take place on Saturday 16 and Sunday 17 May at 22:00, will mark Tibet's second visit to Spain, this time as part of the C93 entente, which is an "open and extremely free circle of musicians".
DAVID TIBET E O SEU FOLK APOCALÍPTICO COMPARTIRÁN ESCENARIO CON JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD E ALEX NEILSON OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO

Un dobre concerto especial de Current 93 porá o colofón á extensión do Festival Sinsal en Santiago

Documento anexo[03/04/2009] O folk apocalíptico de Current 93, a peculiar formación musical británica liderada por David Tibet, porá o colofón ao Festival Sinsal Extensión Salón Teatro cunha dobre carteleira de concertos especiais deseñados en exclusiva para Santiago. As dúas citas, que terán lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio ás 22.00 horas, constituirán de feito a segunda visita de Tibet á xeografía española, desta vez conforme á entente C93, que se presenta como un "círculo aberto e libérrimo de músicos".

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 | 125 | 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal