Novas
O ESPECTÁCULO ADAPTA Á CULTURA XITANA O TEXTO DE GARCÍA LORCA, QUE PROTAGONIZAN NOVE ACTRICES NON PROFESIONAIS PROCEDENTES DO FAMOSO POBOADO CHABOLISTA DE SEVILLA
[01/03/2011] Un grupo de nove mulleres de etnia xitana do asentamento chabolista máis antigo de Europa, o barrio sevillano de El Vacie, escenificarán o venres 4 no Salón Teatro
La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, nunha versión dirixida por Pepa Gamboa e producida pola compañía Atalaya que chega a Santiago precedida dun gran éxito de crítica e público. Esta única función terá lugar ás 20.30 horas.
O PÚBLICO SITÚASE EN GRADAS SOBRE O ESCENARIO, RODEANDO O ESPAZO ESCÉNICO COMO XEITO DE OBTER UNHA PERSPECTIVA MÁIS PRÓXIMA AO CENTRO DA ACCIÓN
[24/02/2011] A compañía portuguesa Teatro Oficina viaxa esta fin de semana a Santiago de Compostela para representar no Salón Teatro o seu espectáculo
Rua Gagarin, obra do dramaturgo escocés Gregory Burke. A formación de Guimarães ofrecerá unha función o sábado 26, ás 20.30 horas, desta comedia negra chea de crueza e realismo, que serve de pretexto para abordar o problema da crise xeral, económica, ideolóxica e de valores, así como a desesperación dun día a día que non funciona.
A VERSIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA SITÚA A ACCIÓN NUN CONTEXTO ACTUAL, CONVERTENDO A HERODES NO CANDIDATO DO PARTIDO POLÍTICO BONANZA E PROGRESO DE GALILEA
[24/02/2011] Narón é o próximo destino do Centro Dramático Galego (CDG) dentro da xira que desenvolve dende primeiros de ano co seu espectáculo
Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Pazo da Cultura naronés acollerá mañá venres 25, ás 20.30 horas, e o sábado 26, ás 20.00 h, senllas funcións da última montaxe da compañía pública, que ofrece unha lectura máis política e actual do episodio bíblico recreado polo gran dramaturgo irlandés.
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS, MAÑÁ MARTES ÁS 21.00 H E O MÉRCORES 23 ÁS 12.00
[21/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá en Pontevedra con motivo da xira galega que está a desenvolver co seu espectáculo
Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. A última montaxe da compañía pública, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual, poderá verse no Teatro Principal mañá martes 22, ás 21.00 horas, e o mércores 23, ás 12.00 horas (función concertada para escolares), como parte da programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
A INTÉRPRETE FRANCESA PRESENTA "THE TRIP", O DISCO CO QUE DEBUTA EN SOLITARIO E NO QUE PRESCINDE DOS ARRANXOS PARA OFRECER UN TON MÁIS INTROSPECTIVO
[17/02/2011] A inconfundible voz de Stereolab, Laetitia Sadier, inaugura este domingo 20, ás 20.30 horas, a quinta edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago cun concerto en que presentará o seu debut en solitario,
The Trip, unha colleita de cancións de aparencia sinxela que agochan toda a profundidade que caracteriza o seu traballo desde os inicios.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
| 126 |
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes