Novas
A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O VENRES 18 ÁS 21.30 HORAS
[16/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta semana en Tui o seu espectáculo
Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. A función desta última montaxe da compañía pública, que ofrece unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés, celebrarase o vindeiro venres 18 de febreiro, ás 21.30 horas, no Teatro Municipal de Tui, edificio Área Panorámica.
A MONTAXE, A TRAVÉS DA QUE SE OFRECE UN PERCORRIDO SEN PALABRAS POLOS SENTIMENTOS HUMANOS, ESCENIFÍCASE ESTE SÁBADO 19 ÁS 20.30 HORAS
[16/02/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este sábado 19 de febreiro ás 20.30 horas
Axóuxere de cores, unha proposta escénica da Fundación IgualArte que aposta pola ruptura dos prexuízos e as fronteiras sociais. O movemento, a expresión corporal e a música conviven neste espectáculo, realizado por persoas con necesidades educativas específicas no marco dun programa artístico pioneiro en Galicia.
O DIRECTOR E ACTOR GALEGO, CON AMPLA EXPERIENCIA NA ESCENA FRANCESA, AFONDARÁ NAS CLAVES PARA A CONSTRUCIÓN DOS PERSONAXES CREADOS POLO GRAN COMEDIÓGRAFO
[14/02/2011] Unha decena de actores e actrices asiste desde hoxe ao curso sobre Molière que, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), imparte en Santiago o director, intérprete e dramaturgo galego Mario Tomás. Esta actividade docente, que se desenvolve ata o vindeiro 24 de febreiro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño da Universidade de Santiago, enmárcase dentro do novo programa de formación continua para profesionais da escena impulsado pola compañía pública, despois dunha primeira experiencia desenvolvida o pasado mes de setembro co encontro sobre o teatro de Shakespeare a cargo de Alfredo Padilla.
ILDA TEIXEIRA, RAQUEL COSTA E SANDRA SANTOS COMPOÑEN O TRÍO INTERPRETATIVO DESTE ENREDO QUE REFLEXIONA SOBRE OS MEDOS E CUESTIONA A NECESIDADE DO ESQUECEMENTO
[10/02/2011] A compañía portuguesa Trigo Limpo Teatro Acert preséntase esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo
A caixa preta, que se escenifica o sábado 12 ás 20.30 h e o domingo 13 ás 18.00 h dentro dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego (CDG). Con dramaturxia e dirección escénica de Pompeu José, a montaxe baséase no texto escrito
ex profeso por dous dos máis destacados autores en lingua portuguesa, o mozambicano Mia Couto e o angolano José Eduardo Agualusa.
O XOVES DÍA 10 FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN NESTA ACTIVIDADE DOCENTE, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 14 AO 18 E DO 20 AO 24 DE FEBREIRO
[08/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata este xoves día 10 o prazo de inscrición no curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, para o que se ofertan un máximo de 15 prazas, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
| 127 |
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes