Novas
O ACORDO ENTRE O CDG E O FESTIVAL LUSO POSIBILITARÁ TAMÉN A PRESENZA DOS GALEGOS DE VOADORA CON "SUPER8" EN PORTO
[18/05/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) acordou un plano de intercambio artístico co Festival Internacional de Expressão Ibérica (FITEI) de Porto (Portugal), polo que o Salón Teatro de Santiago acollerá a exposición itinerante de fotografías "Contrapontos Visuais" e a posta en escena da montaxe
Medea llama por cobrar, a cargo da compañía ecuatoriana Zero no Zero Teatro. No marco desta mesma iniciativa, que por terceira edición consecutiva acada a unidade teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a compañía galega Voadora presentará o seu espectáculo
Super8 no festival luso.
A PARTIR DUNHA IDEA DE ANTÓN REIXA, LINO BRAXE DIRIXE, ADAPTA E INTERPRETA, XUNTO Á ACTRIZ ANTELA CID, ESTA COPRODUCIÓN DE NORDESÍA, FILMANOVA E KACHET
[16/05/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá martes, Día das Letras Galegas, a posta en escena de
Mundo Lois, un espectáculo ideado por Antón Reixa que pretende poñer en valor e difundir a obra do poeta Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o 17 de maio. Lino Braxe encargouse da dirección e adaptación da montaxe e, acompañado pola actriz Antela Cid, sobe ao escenario para dar voz aos versos do monfortino. A función única, que dará comezo ás 21:00 horas, insírese na programación de temporada deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.
A MONTAXE DIRIXIDA POR ÁLEX SAMPAIO ABORDA A CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL A TRAVÉS DUNHA TRAMA BASEADA EN "HANSEL E GRETEL"
[13/05/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana a estrea de
Moito Conto, a última proposta escénica para público familiar de Redrum Producciones, na que o cineasta lalinense Álex Sampayo dirixe un texto propio escrito en colaboración con Guillermo Carbajo e Tamara Canosa a partir do popular
Hansel e Gretel dos irmáns Grimm. O escenario do Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá dúas funcións desta comedia musical recomendada para maiores de 6 anos, que terán lugar o sábado 14 e o domingo 15 ás 18:00 horas.
A MONTAXE DIRIXIDA POR ARTURO LÓPEZ PODERÁ VERSE O XOVES 5 E O VENRES 6 ÁS 20.30H
[03/05/2011] A compañía coruñesa Espello Cóncavo pon sobre as táboas do Salón Teatro de Santiago
Limpeza de sangue (o sangue fai ruído), unha das pezas máis galardoadas da nova dramaturxia galega, da que é autor Rubén Ruibal. A forza narrativa do texto, un inxente traballo actoral e unha escenografía moi influenciada polo cinema caracterizan esta montaxe dirixida por Arturo López, que poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este xoves día 5 e o venres día 6 ás 20.30 horas.
JOSÉ MANUEL PACHO BLANCO RECIBIRÁ O GALARDÓN NUN ESPAZO RADIOESCÉNICO CONDUCIDO POR ANA ROMANÍ E CON DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE ANA VALLÉS
[02/05/2011] O acto de entrega da quinta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico inicia mañá a programación do mes de maio do Salón Teatro de Santiago de Compostela como primeira cita dunha variada carteleira que acollerá tamén as últimas propostas escénicas das compañías galegas Espello Cóncavo e Redrum Teatro, o espectáculo multidisciplinar
Mundo Lois, a proxección de varias curtas dentro do festival Curtocircuíto e o inicio da Mostra Internacional de Teatro Universitario.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
| 128 |
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
| Seguintes