Novas
TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO EN HORARIO MATINAL DO 14 AO 18 E DO 21 AO 24
[26/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza un curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, que abriu hoxe o prazo de matrícula, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro entre 10.00 e 14.00 horas) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
O MONÓLOGO ESCÉNICO-NARRATIVO QUE OFRECE EMOCIÓN E DIVERSIÓN CONMEMORA O 50 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA PUBLICACIÓN DA OBRA EN BOS AIRES
[25/01/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro o espectáculo producido por Abrapalabra Creacións Escénicas
Memoria das memorias dun neno labrego, un monólogo escénico-narrativo co que Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. O escenario do Centro Dramático Galego desenvolverá un total de seis funcións da primeira versión escénica en Galicia desta obra emblemática da narrativa galega: tres para o público xeral, que terán lugar o venres 28 e o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 18.00 horas; e outras tres para estudantes de bacharelato, concretamente dous pases matinais o luns 31 e un terceiro o martes 1 de febreiro.
A MONTAXE DA OBRA DE OSCAR WILDE DIRIXIDA POR CARLOS SANTIAGO EXHIBIRASE NO CENTRO CULTURAL VILA FLOR DE GIMARÃES, NO TEATRO ACERT DE TONDELA E NO THEATRO-CIRCO DE BRAGA
[20/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia esta fin de semana o ciclo de distribución en Portugal do seu espectáculo
Salomé como froito dun acordo de intercambio entre a compañía pública galega e tres emblemáticas agrupacións do país veciño. Así, a montaxe dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde exhibirase este mes de xaneiro no Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (sábado 22 ás 22.00 horas), no Teatro Acert de Tondela (mércores 26 ás 21.45 horas) e no Theatro-Circo de Braga (venres 28 e sábado 29 ás 21.30 horas).
TEATRO DO ATLÁNTICO CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO COA MONTAXE DESTE TEXTO DE ROBERTO SALGUEIRO BAIXO A DIRECCIÓN DE XÚLIO LAGO
[18/01/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana o último espectáculo de Teatro do Atlántico,
Memoria de Helena e María, realizado a partir do texto de Roberto Salgueiro galardoado co Premio Abrente de Teatro 2006 e co que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dramaturxia e dirección escénica de Xúlio Lago, Lucía Regueiro e María Barcala protagonizan esta tráxica historia de dúas mulleres marcadas polo horror da Guerra Civil española, que poderá verse o xoves 20, o venres 21 e o sábado 22 ás 20.30 h, así como o domingo 23 ás 18.00 h.
A ACTUACIÓN TERÁ LUGAR O MARTES 18, ÁS 21.30 HORAS, DENTRO DO CICLO ST MÚSICA PRESENTE
[14/01/2011] O Salón Teatro de Santiago abre unha nova entrega do ciclo ST Música Presente co concerto que o trío do pianista Abe Rábade, acompañado da súa sección rítmica habitual, ofrecerá o vindeiro martes día 18 ás 21.30 horas. Xunto ao portugués Bruno Pedroso á batería e ao contrabaixista vasco Pablo Martín, o jazzista compostelán presentará o seu último traballo discográfico,
Zigurat, ademais de repasar o mellor do seu repertorio para trío.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
| 129 |
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes