Novas
JOSÉ MANUEL PACHO BLANCO RECIBIRÁ O GALARDÓN NUN ESPAZO RADIOESCÉNICO CONDUCIDO POR ANA ROMANÍ E CON DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE ANA VALLÉS
[02/05/2011] O acto de entrega da quinta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico inicia mañá a programación do mes de maio do Salón Teatro de Santiago de Compostela como primeira cita dunha variada carteleira que acollerá tamén as últimas propostas escénicas das compañías galegas Espello Cóncavo e Redrum Teatro, o espectáculo multidisciplinar
Mundo Lois, a proxección de varias curtas dentro do festival Curtocircuíto e o inicio da Mostra Internacional de Teatro Universitario.
O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO CONTRIBÚE Á CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA DANZA CUNHA PROGRAMACIÓN ESPECIAL QUE DESENVOLVE ATA MAÑÁ SÁBADO EN SANTIAGO
[29/04/2011] A I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolve dende o pasado martes en Santiago de Compostela, chega mañá ao seu fin cunha intensa xornada durante a que se exhibirán un total de 10 propostas coreográficas a cargo doutras tantas formacións de danza tradicional, contemporánea e de integración. Finaliza así esta programación especial, deseñada polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como achega ás celebracións do Día Mundial da Danza, que se conmemora hoxe, e co obxectivo de facilitar unha perspectiva das diferentes liñas de traballo dentro da escena coreográfica galega.
CELÉBRASE EN SANTIAGO DENDE HOXE E ATA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 30, CON PROGRAMACIÓN MATINAL NA PRAZA DE CERVANTES E DE TARDE NO SALÓN TEATRO
[26/04/2011] Máis de 200 artistas danse cita dende hoxe en Santiago de Compostela para participar na primeira edición da Mostra de Danza de Galicia que, baixo a organización do Centro Coreográfico Galego (CCG), desenvolverá un intenso programa de exhibición ata o vindeiro sábado día 30. A actividade esténdese ao longo destas cinco xornadas con sesións matinais na praza de Cervantes e de tarde no Salón Teatro, ata completar un total de 37 actuacións a cargo de formacións galegas de moi diferentes estilos.
A INICIATIVA INSÍRESE NO PLANO DE FORMACIÓN DO CDG E ORGANÍZASE EN COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
[25/04/2011] A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Dramático Galego (CDG) organizan dous cursos de perfeccionamento de mimo impartidos por Thomas Leabhart, discípulo directo do fundador da mímica moderna, Etienne Decroux. Esta actividade docente, que se enmarca dentro do programa de formación continua para actores e actrices impulsado pola compañía pública, ten como finalidade proporcionar unha ampla introdución ao método Decroux mediante dous talleres intensivos sobre as bases fundacionais do mimo moderno.
ORGANIZADA POLO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO E NA PRAZA DE CERVANTES
[20/04/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza a I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolverá durante a próxima semana en Santiago de Compostela cunha carteleira artística de 37 compañías galegas de todos os estilos. O Salón Teatro e a praza de Cervantes serán os escenarios desta programación que se estenderá do martes 26 ao sábado 30 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Danza.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
| 130 |
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes