AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

TRÁTASE DUN DOS AUTORES MÁIS DESTACADOS DO TEATRO FRANCÉS CONTEMPORÁNEO, CON MÁIS DE 30 OBRAS PUBLICADAS E TRADUCIDAS A UNHA DECENA DE LINGUAS

O francés Enzo Cormann imparte un obradoiro de escrita teatral no Centro de Creación Dramática do CDG

Documento anexo[23/02/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle dende hoxe e até o vindeiro venres 27 un obradoiro de escrita teatral a cargo do recoñecido dramaturgo francés Enzo Cormann. Este encontro, o terceiro dos catro que conforman o curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III que dirixe Cándido Pazó, desenvólvese na biblioteca do Salón Teatro de Santiago en horario de 16.00 a 20.00 h.
O CONCERTO DO MÚSICO E CANTANTE CALIFORNIANO, QUE DARÁ COMEZO ÁS 22.00 HORAS, INAUGURA UNHA NOVA EXTENSIÓN DO FESTIVAL SINSAL EN SANTIAGO

O pop onírico e romántico do californiano Jeremy Jay soará este domingo no Salón Teatro

Documento anexo[20/02/2009] A actuación do músico e cantante californiano Jeremy Jay no Salón Teatro, este domingo 22 de febreiro ás 22.00 horas, inaugura a terceira edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Jay visita Santiago dentro da xira europea na que está a adiantar algúns temas do que será o seu novo traballo discográfico, Slow Dance.
O FUNÁMBULO JONATHAN GUICHARD E O ACRÓBATA FNICO FELDMANN EXECUTARÁN ESTA MONTAXE DE GRAN COMPLEXIDADE TÉCNICA OS DÍAS 19 E 20, ÁS 20.30 H, NO SALÓN TEATRO

A compañía francesa Ieto pecha o ciclo "Circo en escena" co espectáculo premiado no Festival Jeunes Talents du Cirque Europe

[18/02/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves 19 e o venres 20 de febreiro ás 20.30 horas dúas funcións do espectáculo Ieto, a segunda produción da compañía francesa de novo circo do mesmo nome, que levará ao escenario compostelán a gran complexidade técnica e o considerable risco artístico e físico deste traballo. O dúo que integran o funámbulo Jonathan Guichard e o acróbata Fnico Feldmann pechan con esta montaxe de danza acrobática contemporánea o ciclo "Circo en escena", que durante este mes de febreiro amosou no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) algunhas das creacións que están a ser escenificadas nos certames e programacións deste xénero máis prestixiosos do mundo.
ADEMAIS DESTE PRIMEIRO CONCERTO, O DOMINGO 22 ÁS 22.00 HORAS, O CICLO INCLÚE AS ACTUACIÓNS DE PRAM (2 DE ABRIL), E LARSEN E LITTLE ANNIE (14 DE MAIO)

O californiano Jeremy Jay abre no Salón Teatro unha nova edición da extensión en Santiago do Festival Sinsal

Documento anexo[17/02/2009] A actuación do músico californiano Jeremy Jay abre este domingo día 22 de febreiro ás 22.00 h a terceira edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. O espazo escénico que xestiona Centro Dramático Galego, en colaboración cos organizadores do Sinsal, completará o ciclo con outros dous recitais: o do grupo británico Pram o 2 de abril e o que compartirán a banda italiana Larsen e a cantante de Nova York Little Annie o 14 de maio.
OS SINDICATOS CC.OO., CIG, UXT, A ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, ESCENA GALEGA E A AGADIC ACORDARON O TEXTO DEFINITIVO QUE SERÁ ASINADO MAÑÁ

O sector escénico galego dótase do seu primeiro convenio laboral de actores e actrices de teatro

[17/02/2009] O sector escénico galego dótase do seu I Convenio de Actores e Actrices de Teatro, que regulará por primeira vez as condicións laborais da profesión a partir do texto acordado polos representantes dos sindicatos CC.OO., CIG, UXT, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), da asociación Escena Galega, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 | 131 | 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal