AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ORGANIZADA POLO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO E NA PRAZA DE CERVANTES

A I Mostra de Danza de Galicia difundirá as propostas coreográficas de 37 compañías de todos os estilos

[20/04/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza a I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolverá durante a próxima semana en Santiago de Compostela cunha carteleira artística de 37 compañías galegas de todos os estilos. O Salón Teatro e a praza de Cervantes serán os escenarios desta programación que se estenderá do martes 26 ao sábado 30 de abril, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Danza.
PABLO CASTAÑO, ANDREW MACNEILL, ADRIÁN VIÑAS ALONSO, PACO DICENTA, VADZIM YUKHNEVICH E DAVID RODRÍGUEZ RIAL FORON SELECCIONADOS ENTRE 23 ASPIRANTES

O CDG seleccionou os seis músicos que interpretarán en directo a partitura de "A ópera dos tres reás"

Documento anexo[18/04/2011] Pablo Castaño, Andrew Macneill, Adrián Viñas Alonso, Paco Dicenta, Vadzim Yuknevich e David Rodríguez Rial conforman o sexteto que porá a música en directo en A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o vindeiro 23 de xuño baixo a dirección escénica de Quico Cadaval. Os seis foron seleccionados entre os 23 candidatos que participaron nas audicións convocadas pola compañía pública, durante as que tiveron que demostrar tanto o seu virtuosismo como a súa versatilidade, xa que en total interpretarán ata 17 instrumentos diferentes.
AS FUNCIÓNS DESTA OBRA, CUN TEXTO NOMINADO AOS PREMIOS MAX 2011, TERÁN LUGAR O SÁBADO 16 ÁS 20.30 H E DOMINGO 17 ÁS 18.00

Marián Bañobre interpreta no Salón Teatro "A Filla de Woody Allen" coa compañía Santiago Cortegoso

Documento anexo[14/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 16 ás 20.30 horas e domingo 17 ás 18.00 horas- dúas funcións de A filla de Woody Allen, a primeira obra da compañía de Santiago Cortegoso coa que o dramaturgo pontevedrés está nominado aos premios Max das Artes Escénicas 2011 na categoría de mellor autor teatral en galego. A actriz Marián Bañobre interpreta en solitario a unha ficticia filla galega do cineasta norteamericano, que emprende unha viaxe a Nova York na procura do seu pai, do que só sabe que toca o clarinete e lle envía agasallos de aniversario.
A PRESENTACIÓN DO SEU ÁLBUM DEBUT TERÁ LUGAR MAÑÁ MÉRCORES 13 ÁS 21.00 HORAS

O jazz de Xacobe Martínez Antelo Cuarteto soará mañá no Salón Teatro dentro do ciclo de concertos "ST Música Presente"

Documento anexo[12/04/2011] A banda de jazz Xacobe Martínez Antelo Cuarteto protagoniza mañá mércores día 13 no Salón Teatro unha nova cita musical inserida dentro do ciclo de concertos ST Música Presente, posto en marcha pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de facilitar a promoción especial de discos galegos a través de recitais dirixidos preferentemente ao público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores. No caso da actuación de mañá, que dará comezo ás 21:00 horas, o grupo do compositor e contrabaixista compostelán presentará en directo os temas do seu primeiro traballo discográfico, Jazz from Galiza!!, editado por Freecode.
DESENVOLVERANSE DÚAS FUNCIÓNS O LUNS 11 E O MARTES 12 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS

O humor de Carlos Blanco chega ao Salón Teatro de Santiago co espectáculo escénico-musical "Ordem e Progresso"

[09/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle o vindeiro luns día 11 e o martes 12, ás 20.30 horas, dúas funcións do último espectáculo do humorista Carlos Blanco, Ordem e Progresso, a través do que expón a súa persoal visión do país brasileiro en clave de humor. Nesta ocasión, o polifacético actor está acompañado en escena polos músicos do Sergio Tannus Trío (Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 | 132 | 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal