Novas
BAIXO A DIRECCIÓN DE SERXIO COBOS, A COMPAÑÍA PONTEVEDRESA REPRESENTA A DUCIA DE HISTORIAS TEATRALIZADAS QUE SE RECOLLEN NO DVD HOMÓNIMO EDITADO POR CUMIO
[12/10/2010] A compañía pontevedresa Bruma protagoniza mañá mércores, ás 21.30 horas no Salón Teatro de Santiago, unha nova actuación do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará o seu DVD
Nove espellos e unha caixa de música, editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo. Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, esta iniciativa mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica e contemporánea.
ESTA PRODUCIÓN, NA QUE O CINEASTA ÁLEX SAMPAYO DEBUTA COMO DIRECTOR TEATRAL, ESCENIFICARASE O SÁBADO 9 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 10 ÁS 18.00 H
[07/10/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía compostelá Redrum Teatro, que ofrecerá dúas funcións (sábado 9 ás 20.30 horas e o domingo 10 ás 18.00 h) de
A pensión, obra de suspense que supón a primeira incursión teatral do cineasta lalinense Álex Sampayo. Rosa Álvarez, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo protagonizan esta creación escénica, que explora as consecuencias da soidade mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación.
MARÍA TORRES CREOU E DIRIXIU ESTA PROPOSTA ESCÉNICA QUE FUNDE TEATRO FÍSICO, DANZA, VÍDEO E ARTES PLÁSTICAS
[30/09/2010] A compañía galego-portuguesa Elefante Elegante actuará por vez primeira no Salón Teatro de Santiago de Compostela con dúas funcións (venres 1 e sábado 2 ás 20:30 horas) da súa última proposta escénica. Baixo o título de
In e con dirección de María Torres, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece desta volta un espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporánea da figura social e que se sirve da fusión do teatro físico coa danza, o vídeo e as artes plásticas como vehículo de expresión.
OS DOCE ALUMNOS PARTICIPANTES REALIZARÁN TRABALLOS ACTORAIS DESDE A IMPROVISACIÓN E O ESTUDO DOS PERSONAXES
[27/09/2010] Un total de doce alumnos participan a partir de hoxe no Salón Teatro de Santiago no Curso sobre Shakespeare que imparte Alfredo Padilla, actor arxentino afincado en Galicia, especialista en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art de Londres. Esta actividade docente, que se celebrará con clases intensivas ata o 30 de setembro, inaugura o novo programa de formación continua do Centro Dramático Galego para a temporada 2010-2011.
ROSA ÁLVAREZ DIRIXE NESTA OCASIÓN A MARÍA BOUZS, ERNESTO CHAO, BELÉN CONSTENLA, ROCÍO GONZÁLEZ E ALBERTO ROLÁN
[22/09/2010] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción,
Cásting (a comedia) , unha adaptación de Roberto Salgueiro do texto homónimo do realizador de televisión, director e dramaturgo teatral Roger Justafré. Con dirección escénica de Rosa Álvarez; María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González e Alberto Rolán compoñen o elenco interpretativo desta montaxe que poderá verse durante catro días continuados de representacións: mañá xoves 23, o venres 24 e o sábado 25 ás 20.30 horas; e o domingo 26 ás 18.00.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
| 133 |
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes