AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PRETO DE 5.000 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS 33 FUNCIÓNS DESENVOLVIDAS ATA O MOMENTO EN ONCE LOCALIDADES GALEGAS E TRES DESTACADOS ESPAZOS DE PORTUGAL

O CDG pecha o período de exhibición de "Salomé" con tres derradeiras funcións no Salón Teatro

Documento anexo[22/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Salomé, dirixido por Carlos Santiago, despídese esta semana do público con tres derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago que terán lugar este xoves 24 ás 11.00 horas, en pase concertado para escolares, e o venres 25 e o sábado 26, ás 20.30 horas. A compañía pública galega pecha así o período de exhibición desta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual.
ROBERTO LEAL DIRIXE A INTERPRETACIÓN DA ACTRIZ NURIA SANZ E O MÚSICO IGNACIO SANZ

O Salón Teatro repón "Por que o meniño se coce na polenta?" a cargo de Sapristi en coprodución co CDG

[16/03/2011] A compañía galega Sapristi Teatro regresa este venres día 18 e o sábado 19 (20:30 h) ao Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo Por que o meniño se coce na polenta?, realizado a pasada temporada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con dirección escénica de Roberto Leal, a actriz Nuria Sanz e o músico Ignacio Sanz interpretan esta montaxe, cuxa estrea xa acollera este mesmo escenario en xuño de 2010, e que mestura xéneros que van desde o clown ata un realismo que roza o dramático, pasando pola comedia xestual, o cabaret, a revista, o musical, o vodevil e o circo.
"CARNE DE CANÓN", "PARAÍSOS", "SEÑORA CARMEN" E "COMO ELIMINAR AS MANCHAS DE VÓMITO" EMÍTENSE ATA O DÍA 25 NA RADIO GALEGA PARA SER VOTADAS POLOS OÍNTES

Ana Vallés dirixe para o CDG as dramatizacións das obras finalistas do V Premio Diario Cultural

[11/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) realizou a adaptación para a radio das catro obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que a compañía pública organiza xunto coa Radio Galega e co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Baixo a dirección de Ana Vallés, un elenco integrado por sete actores e actrices -Mónica Camaño, Margarita Fernández, Manu Lago, Roberto Leal, Laura Ponte, Nuria Sanz e Marcos Vieitez- pon voz aos personaxes dos textos Carne de canón, Paraísos, Señora Carmen e Como eliminar as manchas de vómito, que se emiten ata o vindeiro día 25 de marzo en diferentes espazos da Radio Galega.
CELSO PARADA ASUME DE NOVO A DIRECCIÓN ESCÉNICA DESTE ESPECTÁCULO, QUE A COMPAÑÍA GALEGA VOLVE LEVAR AOS ESCENARIOS DEZ ANOS DESPOIS DA SÚA ESTREA

O Salón Teatro ofrece a versión de "Os vellos non deben de namorarse" recuperada por Teatro do Morcego

[09/03/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este venres día 11 un único pase de Os vellos non deben de namorarse, versión da emblemática obra de Castelao asinada pola compañía galega Teatro do Morcego, que recupera este espectáculo para os escenarios dez anos despois da súa estrea. A función no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego dará comezo ás 20.30 horas.
TERÁN LUGAR O SÁBADO 12 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 13 ÁS 19.00 HORAS

O Teatro Principal de Ourense acolle dúas funcións do espectáculo "Salomé" do Centro Dramático Galego

Documento anexo[09/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego Salomé, dirixido por Carlos Santiago, chega esta fin de semana a Ourense para ofrecer dúas funcións no Teatro Principal que terán lugar o sábado 12, ás 20.30 horas, e o domingo 13, ás 19.00 h. A compañía pública entra así na recta final da xira que desenvolve dende xaneiro con esta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, a través da que ofrece unha lectura máis política e actual do episodio bíblico recreado polo gran dramaturgo irlandés.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 | 134 | 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal