Novas
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE O VENRES 15 DE MAIO ESTE ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR QUICO CADAVAL A PARTIR DA OBRA ESCRITA AD HOC POR MANUEL LOURENZO
[12/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 15 ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita
ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, ecoloxía, corrupción, amor, desamor e sexo.
O RECITAL INSÍRESE NA EXTENSIÓN EN COMPOSTELA DO FESTIVAL SINSAL
[12/05/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 14 de maio a partir das 22.00 horas o concerto dos italianos
Larsen, un dos grupos máis experimentais do panorama alternativo actual, que contará co engadido dunha voz amiga, a de
Little Annie, diva do dub e do cabaret post punk e colaboradora de grupos como Coil ou o combo On-U Sound. O recital insírese na extensión en Santiago do Festival Sinsal, organizada en colaboración co Centro Dramático Galego-Salón Teatro, e dentro da que, esta mesma fin de semana, actuará a formación liderada por David Tibet, Current-93.
"OBJECTS IN MIRROR ARE CLOSER THAN THEY APPEAR" PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O SÁBADO 9 DE MAIO, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 10, ÁS 18.00 H
[07/05/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 9 ás 20.30 horas e domingo 10 ás 18.00 horas- dúas funcións do espectáculo
Objects in mirror are closer than they appear, a última coreografía do catalán establecido en Bélxica Salva Sanchis que aborda a dicotomía entre a realidade e a aparencia. Utilizando a danza contemporánea entre outras formas de expresión, a peza reflexiona sobre o feito de que as aparencias non só se referiren a unha realidade senón que se converten na nosa realidade.
O TEATRO MUNICIPAL ACOLLE O VENRES 8 E O SÁBADO 9 ESTA COMEDIA ONÍRICA SOBRE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, CORRUPCIÓN, AMOR, DESAMOR E SEXO
[06/05/2009] O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui dúas funcións (venres 8 ás 21.30 horas e sábado 9 ás 20.30 horas) de
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita
ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos na última produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, ecoloxía, amor, desamor e sexo.
O CENTRO CULTURAL CAIXANOVA ACOLLE O MÉRCORES 29 E O XOVES 30 ESTA COMEDIA ONÍRICA AMBIENTADA MARIÑA LUGUESA
[27/04/2009] O CDG presenta esta semana no Centro Cultural Caixanova de Vigo dúas funcións (mércores día 29 e xoves 30 ás 20.30 horas) de
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
| 136 |
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
| Seguintes