AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

JUAN MARGALLO E PETRA MARTÍNEZ PROTAGONIZAN ESTA MONTAXE, QUE URÓC TEATRO PRESENTARÁ EN COMPOSTELA O XOVES 13 E O VENRES 14 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS

O espectáculo 'Ados@dos' chega ao Salón Teatro tralo seu éxito en Madrid

Documento anexo[11/03/2008] A última produción da compañía Uróc Teatro, Adosa@dos, recala esta semana no Salón Teatro de Santiago, despois de permanecer en carteleira no Teatro Español de Madrid durante corenta días cunha excelente acollida de público. O espazo escénico de Compostela acolle dúas funcións do espectáculo que protagonizan Juan Margallo e Petra Martínez, que terán o xoves 13 e o venres 14 ás 20.30 horas.
A "ANDRÓXINA ARTISTA CIRCENSE" COMPARTE CARTELEIRA COS VIGUESES DE O FILLO PAUSADO

Baby Dee clausura a extensión Salón Teatro do Festival Sinsal

[06/03/2008] Baby Dee pechará este sábado día 8 ás 22:00 horas no Salón Teatro a extensión en Santiago de Compostela do Festival Sinsal, cun concerto no que a singular artista norteamericana presentará o seu novo disco Safe Inside The Day . Dee compartirá cartel cos galegos O Fillo Pausado, a innovadora proposta do vigués Magú Castromil. Con esta actuación clausúrase a programación musical inserida dentro do Sinsal Santiago, un certame estacional que ten a súa orixe e sede principal en Vigo, e que, grazas á colaboración dos organizadores co Centro Dramático Galego (CDG) levou a Compostela nesta segunda edición a Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road, Igloo, Michael Gira e Fabrizio Modonese (r).
CONTINÚAN OS CURSOS 'PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE II' E 'A ESCENA AUMENTADA: GALIZA'

O portugués Jacinto Lucas Pires imparte un obradoiro de escritura teatral no Centro de Creación Dramática do CDG

[03/03/2008] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) retoma a partir de hoxe a súa actividade en Compostela co inicio do terceiro obradoiro do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade II, impartido polo dramaturgo portugués Jacinto Lucas Pires e supervisado por Cándido Pazó, e da segunda parte do laboratorio de investigación e innovación escénica a cargo de Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr.
OFRECE UNHA FUNCIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR O MÉRCORES 5 DE MARZO, ÁS 21.00 HORAS, E OUTRA CONCERTADA PARA ESCOLARES O XOVES 6, ÁS 11.30 HORAS

O CDG representa 'Valdemuller' no Pazo da Cultura de Pontevedra

Documento anexo[29/02/2008] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os días 5 e 6 de marzo a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Valdemuller, un espectáculo de teatro de obxectos dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo unha creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG arrisca na súa aposta por unha combinación de elementos tradicionalmente asociados a programacións consideradas menores, como son o teatro de monicreques e o teatro dirixido especialmente a público en idade adolescente.
CON DIRECCIÓN DE MONTSE TRIOLA, A OBRA CONTÉN MÚSICA EN DIRECTO E PERFORMANCES

A compañía luso-galega Voadora debuta no Salón Teatro con "PeriFeria"

Documento anexo[28/02/2008] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 1 ás 20.30 horas e domingo 2 ás 18.00 horas) o debut en Galiza de PeriFeria, a primeira produción de Voadora como nova compañía escénica, resultado dun proxecto de colaboración entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Associação Cultural Recreativa de Tondela (ACERT), Portugal. Con dirección de escena e dramaturxia da actriz e produtora catalana Montse Triola, PeriFeria é o resultado dun proceso de creación colectiva a partir dos textos de Marta Freitas, Carlos Santiago, Manolo Cortés e do elenco de Voadora, integrado por Marta Pazos, José Díaz, Hugo Torres e Afonso Castro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 | 140 | 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal